Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Mar, 19/12/2023 - 22:20
Raparigas e raparigos apuran as súas cartas aos Reis Magos.
Sabemos que senón son eles, enviarán a algún paxe recoller as epístolas.
Estas cartas teñen feitizos especiais, están cargadiñas da maxia
do corazón das nenas e nenos. Procuraron ser comedidos,
só pediron tres cousas: unha para a escola, outra para eles/elas
e outra para un ser querido (familias, amigos, veciña...).
Esperemos que os grandes Magos sexan quen de cumprir os seus desexos.