Skip to main content

TEMPO DE NADAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Nadal#Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Chegado o tempo de Nadal moitas familias achéganse á biblioteca a

realizar unha documentación moi importante, a transmisión da tradición

oral da nosa música de Nadal: panxoliñas, cantos de reis e por suposto,

unha manchea de contos. Hoxe contamos coa visita de Jose de Vigo,

que agasallou ao alumnado de 5º e 6º con dúas panxoliñas que falan da

xeografía da nosa vila. Con elas inauguramos esta semana

de tradición oral de xeneración en xeneración.

 

 José de Vigo prometeunos voltar, aquí quedan

as panxoliñas grabadas para ir practicando nestes días.

A primeira é da súa colleita, escrita e cantada por José de Vigo.

Unha panxoliña na que collemos todos os de Cedeira,

de tódalas parroquias, perfecta para nos tempos que estamos. 

A segunda é unha canción mariñeira, a primeira noticia a recibimos

por unha mamá, falounos de Manolo do Mudo (en paz descanse)

e desta canción. Despois soubemos por Jose que a cantaban nos bares,

as fins de semana, despois de vir do mar, Manolo do Mudo, Manolo Vergara,

Javier Vergara e Manolo Pita Cribeiro ( O Norreca). Ata o de agora, aínda estamos

por saber de certo, se a letra é só de Manolo do Mudo ou hai máis autores.

Pero o que máis nos gusta é que permanecera na tradición oral. Hoxe pasa a

unha nova xeración que ten que encargarse de cantala moito e transmitila á seguinte.

Agasallos musicais da man dos que hoxe non están e grazas a José de Vigo.

Cantada polos nenos en homenaxe aos que hoxe non están.

 Podedes descargar a panxoliña e a canción nos ficheiros adxuntos.

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Panxoliña e Canción.pdf339.9 KB