XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS CON PACO VEIGA, ZELTIA LABRAÑA E ANTÓN CORTIZAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
A tarde do xoves foi unha tarde de convivencia para toda
a comunidade educativa da escola. Paco Veiga, Zeltia Labraña,
Antón Cortizas e a Asociación do Xogo Tradicional Galego de Melide
agasalláronnos cunha xornada de xogos e a posterior presentación
do seu libro: Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida.
Xogamos moito e tamén conversamos da necesidade de recuperar
na vida diaria o xogo tradicional.
Podedes baixar no Play Store do móbil, a súa app dos Xogos Tradicionais Galegos,
onde irán engadindo xogos. Na biblioteca xa podedes ler o seu libro
ou mercalo nas librerías da vila.
Así mesmo, podedes ver a súa web do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego,
onde atoparedes unha morea de recursos para o xogo.
Agradecer aos autores/a e á AGXPT por semellante xornada!
Ogallá todas foran así e as crianzas recuperasen espazos e xogos.