Skip to main content

Descubrindo os segredos da biblio... - Formación Usuarios

 

O inicio de curso implica retomar a formación de usuarios que facemos anualmente na biblioteca xa que só con alumnado informado e coñecedor dunhas pautas básicas para "funcionar" pola biblio, podemos exprimirlle todo o seu beneficio a este espazo tan marabilloso que temos no cole.

 

Nesta ocasión, a formación abarcou dende 5 anos ata 6º de primaria polo que mentres con algúns grupos traballamos principalmente as normas básicas, outros profundizaron na CDU... Deste xeito, houbo varias modalidades de formacións atendendo aos diferentes niveis de coñecemento da biblio:

- As nenas e os nenos de 5 anos coñeceron a Percebiño, grazas a quén traballaron sobre as normas básicas da biblio, fixeron un pequeno xogo de pistas (có que reforzamos o coñecemento dos diferentes espazos) e iniciáronse no emprego dos marcadores e no buzón de Percebiño.

- A rapazada de 1º Primaria traballou cun Genially moi chulo sobre as normas básicas, o emprego dos recursos, a organización por tempos dalgúns materiais coma os iPads (para facilitar que todos e todas teñan posibilidade de acceso) ou o préstamo de materiais para a casa.

- Os grupos de 2º a 4º Primaria traballaron sobre os datos dos libros iniciándose ademáis no sistema de clasificación de idades recomendadas mediante cores e na CDU.

- E xa por último, os e as maiores de 5º e 6º Primaria profundizaron na CDU traballando sobre os tejuelos e aportaron suxestións para montar a mini biblio no patio do Areal (destinada ao tempo de lecer e atendida por alumnado voluntario) ademais de aportar ideas para o curso e colaborar na creación dun buzón de suxerencias.

 

A verdade é que todos os grupos fixeron un gran traballo asi que, para que os vexades en acción, aquí vos deixamos un pequeno vídeo con imaxes recollidas durante as diferentes formacións!

 

 

 

Deixamos adxuntos os materiais empregados por se queredes botarlles unha ollada!

E unha pequena carta para as familias.

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Pistas da formación infantil.pdf75.17 KB
Tarxetas para Percebiño.pdf185.65 KB
BUSCA DE INFORMACIÓN E CDU.pdf4.57 MB