Posted in
Celebramos o Día Mundial da Radio (13 de febreiro) cunha entrevista á escritora Antía Yáñez, autora do libro "Plan de rescate" gañador do premio "Agustín Fernández Paz" pola igualdade, do cal adquirimos 20 exemplares para a nosa Biblioteca Escolar. O equipo de dinamización da Lingua Galega en coordinación co resto de equipos, ideou esta fantástica actividade que non vos podedes perder! Queremos agradecer a Antía Yáñez a súa amabilidade e dispoñibilidade , e a nosa veciña Guadi Galego por ofrecernos sempre as súas fermosas cancións para as nosas publicacións.