CONTACONTOS "LECTURA E FAMILIAS" - O DRAGÓN ZOG #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal
Nesta ocasión Karen Leimdorfer será a transmisora da fermosa
historia de "El dragón Zog" o versionará en galego e inglés,
o seu idioma natal.
Será un agasallo para o alumnado de 2º de primaria.
ÁLBUM CROMOS FLORA E FAUNA DA CONTORNA - PDI #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal
Un soño cumprido! O proxecto documental sobre a flora e fauna
da nosa contorna merecía un produto final divertido, pero á
mesma vez rigoroso. Contamos coa colaboración de Rafael López Loureiro,
naturalista e mestre xubilado da nosa escola, que aportou as fotografías e
documentación sempre que o necesitamos. O Concello de Cedeira subvencionou
as impresións do álbum. A equipa da biblioteca "Carlos Labraña" xunto con
Carmen Lorenzo, parouse na escolla das especies, nos textos... E Akelarre
deulle forma e deseño baixo as pautas acordadas. Un traballo intenso e inmenso,
froito da colaboración de varios axentes sociais, para obter ilusión por aprender.
Esta é unha das reaccións dunha aula ao atoparse con inmellorable sorpresa.
Durante estes días iredes vendo moitas máis.
Agradecer a colaboración de todos e cada un dos participantes.
Esta rapazada leva un curso somerxido no estudo da fauna e da flora.
Coñece, sabe describir e identificar a meirande parte das especies que saen no álbum.
Rematado o proxecto levará este álbum para compartir coa súa familia
e transmitir, compartir o aprendido. Poderá espallar cultura naturalista!!
CLUB DE LECTURAS "CHOCOLATE CON LIBROS" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Nunha nova xuntanza dun dos Club de lecturas comparten
as súas experiencias lectoras: que dixo aquí, que che gustou
máis, non me gustou nada que pasara, e esta palabra ti
como a entendes?... Compartir e enriquecer o texto lido,
saír da xuntanza entendendo máis e mellor. Na reunión tamén
escolleron as novas lecturas: Que vienen los marcianos de David
Fernández Sifres e Vampira de biblioteca de Ledicia Costas.
Por suposto, uns bombóms fixeron aínda máis doce a xuntanza.
FONDOS NOVIDADES #voluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
MARCOS DE FOTOS - BIBLIOTECA HUMANA/POLOS CREATIVOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Nesta ocasión un grupo numeroso de sexto goza da elaboración dun marco de fotos.
A actividade está organizada por unha mamá que colabora na Biblioteca Humana/Polos Creativos.
Agradecer a súa implicación!
QUE VES TRAS DA VENTÁ? #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal
Unha actividade de observación da paisaxe realizada polo alumnado de 1º.
A ver tamén se aprende, este é un ollar detido, mirar, reparar no que ves, achar,
ver cambios dun día ao seguinte, pois a natureza cambia, hai acción humana...
Por exemplo, un dos días apareceu un tractor a tocar na area, ao seguinte o
alumnado reparou nos cambios. As árbores dos tarais están nese cambio
primaveral, herbas e flores comezando a medrar...
O andar rápido, a rutina crea grandes problemas de observación,
hoxe máis ca nunca temos que ensinar a ver.
Estes pequenos e pequenas naturalistas están aprendendo a observar.
NOVIDADES EN FONDO PARA O PDI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #voluntariadonaBE
VISITA BIÓLOGAS - ARCE #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
A través da Asociación Arce, recibimos a visita de Victorina Rey Quintiana,
Mari Carmen Rodríguez Tizón e María José Leira Ambrós biólogas coas que contactou
Camilo. Elas aportaron unha inmensa documentación ao proxecto, sobre a
flora e a fauna da nosa contorna, no que estamos inmersos.
Biólogas, alumnado e mestras conversaron sobre: cadeas tróficas, o paseo do Condomiñas,
o bosque de galería, a flora autóctona, as invasoras...
Adobiaron a conversa cunha presentación e un vídeo que quedou
para uso do alumnado e que consideramos de gran valor documental.
Agora con esa documentación e o tríptico realizado por elas e enviado polo
Concello de Cedeira, poderán realizar un percorrido para atopar as especies estudadas.
Agradecer a todos os implicados a súa colaboración!
OBRADOIRO DE COSTURA - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Unha mamá de sexto ofrécese a ensinarlles a crear un estoxo,
gracias á Biblioteca Escolar e a Polos Creativos temos os recursos
materiais e de espazo, Mey comparte os seus coñecementos co
alumnado e crean un fermoso estoxo para ter na aula.
Utilizan na súa elaboración teas recicladas na escola e moita imaxinación.
Hai que seguir os pasos un a un, realizar un patrón e
prestar moita atención para acadar un bo traballo en equipo.
Agradecer unha vez máis ás familias que traían a súa sabiduría á escola!
II RUTA INTERXENERACIONAL "Aprendendo, naturalmente!" #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Iniciamos Abril coa II Ruta Interxeneracional,
enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!".
Convocamos a toda a comunidade educativa e calquera
outra persoa que desexou unirse. O tempo estaba algo nuboso
e caían unhas pequenas gotas de choiva. Pero tíñamos diante a
dous naturalistas, unhas eminencias, Antonio Martínez Pernas
e Rafael López Loureiro, votamos comezar a andaina,
non se podía desaproveitar a ocasión. Incluso comentouse que con
ese tempo, veríamos cousas que igual non se ollan nun día de sol.
Eles fixeran esa ruta unha semana antes e dixeran
que aínda reinaba a invernía na Fraga dos Casás.
Con paraugas e chuvasqueiros adentrámonos por unha senda de eucaliptos,
pasamos un pinar, para descobrer despois dun pedazo o que detrás se agochaba,
unha fermosa Fraga, que en tan só unha semana comezou a florecer.
Observamos a mapoula das fragas, Anemone, súa saída indica o inicio da primavera.
Ollamos espárragos, castiñeiros... unha fraga limpa e verde.
Conversamos do uso que tivo noutros tempos, dos carboeiros
que recollían a madeira e a enterraban para queimar e converter en carbón natural,
a fraga non estaba soa naqueles tempos, senón que a xente realizaba moitas labores nela.
Hoxe eses coidados teñen que basearse en non intervir nela,
non levar nin traer especies, usar as sendas, mirar onde pisamos e ollar con atención.
Facer que permanezan. Esta é unha pequena mostra da Ruta da Fraga dos Casás.
Antonio Martínez Pernas identificou correctamente unha orquidea galega:
Ophrys kallaikia que era confundida por outra.
Podedes consultar o estudo con profundidade, clicando no nome científico.
Foi unha oportunidade marabillosa para conversar e resolver dúbidas,
in situ, con dous naturalistas estupendos!
Moitas gracias por espallar a vosa sabiduría!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- …
- seguinte ›
- última »