Skip to main content

Abril 2024

ANÁFORA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Xogar coas palabras é un pracer e se podemos construír xuntos é maior.

Utilizando o recurso literario da anáfora o alumnado realiza un traballo

de expresión escrita en lingua galega, onde brincan coas verbas ata

conseguir unha estrofa. A premisa é inspirarse en Luisa Villalta,

quen era, que fixo, cales eran as súas paixóns...

 

Realizan o exercicio en grupos cooperativos de catro persoas,

nos espazos da biblioteca escolar incluído o xardín lector.

 

 

 

 

 

AULA SENSORIAL - BACH #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #AulaSensorial #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Documentándonos sobre Luisa Villalta descobremos que unha das

pezas preferidas da autora é de Bach, ningunha crianza o coñece,

así que decidimos xuzgar por nós mesmos se a súa música é tan boa

como ela afirma. Decidimos que non hai mellor espazo que a aula sensorial,

un sitio tranquilo, cheo de luces ténues que axudan a descansar e desconectar.

Tentamos chegar a ese punto de relaxación que nos

permita esquecer todo e abrazar as notas musicais.

Bach gústanos, é música clásica, pero pequenas e pequenos din que parece

rock polo rápido que van algunha das pezas. Aínda que aprendemos que a preferida

de Luisa é a Partitura nº2 para violín só de J.S. Bach nós non concordamos é

gústannos máis outras do autor.

Descobrer outras formas de encher a nosa vida e identificar o que nos gusta e o que non;

ser quen de transmitilo é unha aprendizaxe emocional que toda crianza ten que desenvolver.

 

 

 

 

 

 

 

 

VIVA O TEATRO! #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Xa achegándose á fase final, os Vagalumes seguen cos ensaios de teatro,

neses días incidiron na organización e situación do espazo no escenario.

Semella sinxelo, pero non o é, unha aprendizaxe básica. Coñecer o noso corpo,

o que ocupa no espazo, ter en conta o das demais actrices e actores.

Ter presente o espazo necesario para o atrezzo, un plano mental continuo

e cambiante, nesta obra de cinco actos.

Hoxe tamén fixeron proposta de título e mañá tocará decidir, entre todos,

cal é o máis apropiado. Para así, poder comezar co deseño do cartaz, invitacións...

 

 

 

 

 

 

PROXECTO DE ENXEÑERÍA #BibliotecaCreativa #PolosCreativos #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 Os equipos de enxeñeir@ construen un barco e unha ponte

levadiza cun sensor de movemento. Cando chega o barco sube,

e logo volve á súa posición. Un proxecto que da moito que pensar!

Parabéns á rapazada e ao seu guía!

 

 

 

 

 

 

ILUSTRANDO A LUISA #AMI #LetrasGalegas24 #LuísaVillalta #Radionabiblio #bescolaresgalabertas

Os recursos da biblioteca proporcionan unha oportunidade motivadora

para profundizar no coñecemento da autora homenaxeada

nas Letras Galegas 2024. Luisa Villalta, as portadas das súas obras e o

seu violino son percorridos por decenas de ollos ávidos de coñecemento,

son radiografíados para logo as mans tenras e cheas de saber do noso alumnado,

tracen liñas e curvas, repasen e den cor; ata conseguir trasladar cada recodo

que permanece nas súas mentes. Logo fotografían os debuxos coas cámaras dos

ipads e as pasan á aplicación "Animated Drawings" para darlles vida ás personaxes.

Luisa baila, salta, corre e o mesmo fai o seu violino e as súas obras

movéndose todas a un compás que só ela podía conseguir.

 

 

 

 

 

 

FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Onte levouse a cabo a formación de "Lectura e Familias".

Como xa víñamos informando tíñamos moita preocupación

polo perigo nas redes, o acceso á pornografía na infancia e

a carencia de Educación Afectivo Sexual. Necesitábamos axudar

á cativada, para iso era indispensable que familias

e escola tivésemos estratexias para abordar esta temática.

 

Asi, que a través do programa da Asesoría de Bibliotecas,

"Lectura e familias" decidimos poñer nas mans de "As Atalaias"

esta formación. Elas son unha cooperativa galega que traballa en

prol das persoas e as súas necesidades. Tivemos connosco a

Raquel Veiga Teijeiro, diplomada en Educación Social e formada

en diversos aspectos como convivencia, sexualidade, resolución de conflitos... 

 

A xornada tivo un aforo amplo e todas e todos saimos reafirmados,

sabendo como comezar e con ganas de repetir. As familias que o desexaron

cargaronse de libros para documentarse e ser unha canle para iniciar

conversas coa rapazada. É de moita importancia que sexamos sinceros,

contestemos as súas inquedanzas e proporcionemos información fiable.

É básico ser referentes da nosa prole, e senon somos nós asegurar

que quen o sexa teña a nosa plena confianza.

 

Agradecer á Anpa Picapeixe e a tódolos que puxeron semente para que

esta actividade chegase a tan bo porto.

 

En breves compartiremos os vídeos e información que achegue Raquel.

Se queredes ampliar información con videos e webs,

podedes entrar na web da biblioteca ou no Facebook ou Twitter

da Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" alí tedes moitas información

baixo o título: ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA.

 

Gracias á comunidade educativa pola súa resposta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O MUNDO POLAR - EXPERIMENTANDO #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de tres anos emprendeu un proxecto sobre

"O mundo polar" e unha das súas actividades de experimentación

tivo a auga como fío conductor. A colleron e fase líquida e a converteron

a sólida, posteriormente a pintaron e conversaron sobre que pasaba

ao manexala e pasar o tempo. Pequenos procesos de investigación e reflexión.

 

 

 

 

 

 

RIMA QUE TE RIMA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 O alumnado de 2º nivel xúntase para afondar na poesía.

Luisa Villalta é a canle conductora, a súa inspiración leva ao

alumnado a traballar as rimas en grupos cooperativos, utilizando

a técnica do folio xiratorio. O profesorado crea material específico e

utiliza os espazos da biblioteca para documentarse e realizar a actividade.