Skip to main content

Febreiro 2024

DÍA DA MULLER A NENA E A CIENCIA #Bibliotecacreativa #AprenderaPensarnaBE #Cientificas11F #MulleresEnCiencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto experimenta coa masa e o volume.

Cunha das experiencias descobren que a masa de auga

non cambia cando cambian as formas dos recipientes.

No outro pesan e comparan a masa dunha pedra coa dunha pinza.

Calculan a densidade... Aprender facendo!

 

 

 

 

 

ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 3 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal

Gustaríanos trasladar ás famlias a preocupación de algúns mestres/mestras

e familias, que dende hai un tempo vimos observando o acceso dos menores

a contidos non aptos para a súa idade. Conscientes de que a educación

afectivo sexual é un tema delicado, que moitas veces nin mestres nin familias

sabemos como abordar, gustaríanos valorar a posibilidade de que unha

persoa experta no tema nos dera algunhas orientacións.

Necesitamos unha estimación das familias interesadas en participar nesta formación.

 

O Concello, a través da Concellería de igualdade, ofrécenos a posibilidade dunhas

sesións de charlas/obradoiros para o alumnado, por parte de persoal cualificado

e cunha ampla experiencia con menores de tódalas idades, pero consideramos

que serían moito máis produtivas se previamente as familias e mestres/as

partíramos do coñecemento da situación actual e tivéramos unhas pautas de actuación.

 

Por este motivo gustaríanos que as familias do alumnado da escola se poñan en

contacto connosco para coñecer unha estimación das persoas ás que lles gustaría

asistir a esa formación, así como aquelas que están preocupadas

polo tema aínda que non asistirían á mesma.

 

Para o traslado da información, pasado o Entroido, enviaremos un papel ao

alumnado cunha parte recortable, para cubrir ou dende a Asociación

de Nais e Pais, Anpa "Picapeixe" á que tamén podedes trasladarlle as

vosas respostas. É moi importante a vosa participación e implicación.

Así mesmo, continuaremos difundindo recursos

para informar e documentar ás familias.

 

 

 

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS EDUCACIÓN FÍSICA #Lecturascompartidas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de tódolos cursos continúa viaxando semanalmente

coas mochilas de xogos tradicionais, retos e lecturas.

Unha creación do equipo de educación física coa colaboración

da biblioteca escolar para favorecer a vida sá.

 

 

 

 

DIVULGACIÓN CIENTÍFICA - RECURSOS EN GALEGO #11F #Igualdade #Ciencia #ODS5 #Axenda2030 #ALFIN #AMI #LerCiencianaBE #Bibliotecacreativa #AprenderaPensarnaBE #Cientificas11F #MulleresEnCiencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Hai recursos que compartir, achégase o Día da Muller,

a nena e a ciencia. Ollade que recursos máis interesantes.

Toupiciencia: Miniserie audiovisual de divulgación científica en galego

dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un.

Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a

través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía,

a química ou as matemáticas. O proxecto conta coa colaboración de

persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo,

Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros.

Xeoclip:materiais escolares e didácticos elaborados polo profesor

Xacobo de Toro e persoas colaboradoras.

 

 

 

 

PATIOS VIVOS - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os Vagalumes están desexosos de usar os Patios Vivos con máis intensidade,

pero as choivas deixaron moitos desperfectos e agora toca facer unha

limpeza profunda para volver ao seu uso cotía. Estes días de sol permitiron

secar pozas e endurecer o barrizal que se formara en varias zonas,

así que puxeron luvas e mandilóns e aproveitaron o tempo. Sacaron as

herbas máis tupidas, queda pendente o lavado de testos e cubos.

Solicitaron ao Concello de Cedeira a retirada do resto das herbas

que non puideron sacar (hai que facelo de raíz para que non rebroten,

algunhas teñen pinchos). Comezaron a facer un sementeiro para adicar

unha pequena parte do patio á horta. Falaron dos tipos de plantas (árbores,

arbustos e herbas), da Camelia que temos nun dos patios...

Dende agora os Patios Vivos, estarán moito máis activos coa chegada

da Candeloria, pois metade do inverno vai fóra. Deste xeito tamén

traballaron o paso do tempo e recordaron proxectos fermosos realizados

con outro alumnado que pasou pola escola. Ciclos de vida que se repiten.

Por unha rapazada concienciada!

 

 

 

 

 

 

LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 

Familias e alumnado compartindo contos e obradoiros.

Eva Blanco Damota, agasalla ao alumnado con "Punano" 

de Yolanda Castaño e "A vaca que puxo un ovo".

de Andy Cutbill. Posteriormente realizaron un

obradoiro nas salas da biblioteca escolar.