Skip to main content

Febreiro 2022

BIBLIOTECA HUMANA #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As bibliotecas e o Concello de Cedeira unimos os esforzos para dar voz ao pobo porque

todas e todos temos algo que contar. A oralidade é parte do noso patrimonio inmaterial,

reflexa a nosa identidade cultural e social, a de todas as persoas que

conformamos a vila: os de sempre, os que viñeron e os que marcharon,

pois todos/as imos deixando pegada e conformando a nosa sociedade.

 

Agradecemos a túa colaboración! Prema na ligazón e cubre o formulario.

 

 

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 1 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Rosalía de Castro, semente, planta, árbore. Muller que fixo patria.

Levou a nosa bandeira por onde foi e non calou ante nada.

Berrou Galiza, espallou cultura, beleza, verdade, bondade, humildade...

Puxo nas verbas a fermosura dun pobo, das xentes, da natureza...

 

Fixo crítica social, non calou e dixo o que pensaba, pero tamén porque o pensaba. Puxo puntos en moitas "ies".

Defendeu á muller, a súa capacidade, liberdade, dereito a facer o mesmo que calquera home.

Escolleu un compañeiro de vida e tivo fillos, formou unha familia e deixou un legado,

as súas incomensurábeis obras e un puñado de herdeiros que tamén crearon e espallaron cultura,

porque a semente sempre agroma.

 

E na vila, no pobo tamén agromaron as súas verbas e puxéronsenos nos beizos e adicamos poesía,

doce poesía de Rosalia.

O facemos a través dun programa: Música, poesía e estrelas que toma a idea do antigo "Música y estrellas"

escoitado na radio fai bastantes anos pola zona de Cedeira, Cariño e Ferrol.

 

Serán unha serie de podcast (programas duns cinco minutos) nos que toda a comunidade

educativa adicará poesía a un familiar, amigo/a...

O programa estará guiado por locutoras e locutores, función que desempeñará

o alumnado de 4º e 6 de Educación Primaria.

 

Aquí vai o primeiro, desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable,

que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo.

Parabéns Rosalía!!

 

 

 Música: Aerosol of my love deKevin MacLeod (incompetech.com) Licenciado baixo Creative Commons: por licencia Attribution 3.0

http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/

 

DÍA DA ILUSTRACIÓN - TEXTURAS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Escollendo como tema de base a Paz para celebrar o Día da Ilustración,

en plástica, nas seccións bilingües, o alumnado experimenta con diversas texturas.

Estes son os resultados.

O traballo das texturas quizais non se aprecia pero visto en directo é impresionante!

 

TEATRO CLUB SYLVANIAN FAMILIES #bibliotecasescolares #bescolaresgal

A finais do primeiro trimestre o alumnado do Club Sylvanian

Families sorprendeunos cunha actividade.

Tiñan unha obra e querían facer teatro de sombras e a iso se puxeron!

Este o seu primeiro ensaio na aula de teatro!

Parabéns mozas e mozos!

 

 

LECTURA EN FAMILIA DENDE OS COMEZOS! #FamiliasnaBE #bibliotecasescolares #bescolaresgal

O noso alumnado máis pequerrecho tamén goza en familia da lectura.

Luns e xoves levan unha bolsiña cun tesouro para as súas casas:

un conto e un xogo relacionado coa temática.

Unha actividade que realizarán cos que máis queren para fomentar o pracer pola lectura,

deixar voar a imaxinación, crear novas historias e gardar estes intres como tesouros.

Pois sen darlle importancia estamos creando bos cimentos cara a lectoescritura,

deixando que as emocións xoguen un papel vital como en calquera aprendizaxe.

Os xoves as bolsiñas voltarán cheas de novas historias e vivencias.

Espallade pitufiñas e pitufiños!

TEATRO #aBEtenapalabra #teatro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º de primaria leva xa un trimestre cos ensaios de teatro na biblioteca.

Están a preparar unha obra entre as tres aulas, será unha peza de Carlos Labraña,

que aínda está en proceso de creación.

Eles sacarán adiante a dramatización do borrador.

Esta peza ten un valor especial pois a persoa que da nome á nosa biblioteca a

fixo pensando en nós, nas personaxes que vemos a cotío cando entramos nas distintas salas.

Agradecer a Carlos Labraña e á rapazada que pon todo o seu empeño en mellorar día a día.

E sen deixar de rir e disfrutar!

VOLUNTARIADO #ODS17 #Axenda2030#aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Bravos e bravas ese voluntariado de 5º e 6º que coordinan actividades nos recreos.

Elas e eles adican o seu tempo ás labores da biblioteca:

realizan préstamo de libros, xogos, preparan materiais, obradoiros, aconsellan, coordinan...

 

Traballan cunha biblioteca móbil debido ás restriccións e

ao mesmo tempo opinan e colaboran no deseño da ampliación.

Ampliación que pretende compensar a brecha que está a provocar a pandemia 

e utilizar un espazo que a día de hoxe está inutilizado.

CLUB I LOVE ANIMALS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os clubs seguen co seu funcionamento.

Pero iso require inspiración e moita organización, creación de

foros para comunicarse, facer formularios para pasar lista de asistencia e crear.

Deixar voar a imaxinación e realizar obradoiros fermosos.

Parabéns rapazada! Sodes como a marea,

poden baixarvos pero volvedes subir.

Unha mostra de I love animals!