Skip to main content

Febreiro 2022

OBRADOIRO COMECOCOS - ORGANIZADO POLO ALUMNADO #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Aquí temos o primeiro obradoiro deseñado polo noso alumnado.

Elena agasallou o alumnado cun obradoiro de comecocos.

O primeiro paso foi cubrir a solicitude e explicar o seu obradoiro,

material necesario, número de persoas que podían asistir...

Entregou a solicitude e puxémoslle unha data para realizar a formación e un selo.

Antes de chegar o día fixo o cartaz, nun ordenador da biblioteca, e unha cunha táboa para apuntarse.

Imprimimos e pegamos o cartaz no corcho dos avisos. Así a xente que o desexou puido apuntarse.

Elena, desenvolveu un obradoiro que todas e todos gozaron.

Soubo expoñer estupendamente os pasos para realizar a manualidade.

Estamos ledos de empoderar ao noso alumnado!

A ESTRELA DE ROSALÍA - OBRADOIRO STEAM - A MULLER, A NENA E A CIENCIA #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A Unión Astronómica Internacional rebautizó en 2020 a estrela HD 149143 co nome da escritora galega máis universal, a nosa Rosalía de Castro.

Este 23 de febreiro quixemos reinvindicar o gran papel que teñen nenas e mulleres na ciencia realizando un obradoiro.

Traballamos as constelacións, observamos a de Ofiuco e deseñamos un catalexo á nosa maneira.

Para poder albiscala debemos mirar cara ao norte a partir da 1 da madrugada. Desde ese momento,

e ata a saída do Sol e o seu brillo, o astro será visíbel no horizonte. A medida que nos acheguemos á primavera, 

a situación da estrela de Rosalía no ceo irase movendo cara ao sur, e despois ao oeste. Así, ao longo de marzo,

só haberá que agardar á medianoite para vela erguerse no ceo co paso das horas e indo cara ao sur.

Arredor do solsticio de verán, será visible durante as horas de noite.

Pero este non é o primeiro lugar que leva o nome da nosa ilustre escritora fóra da Terra.

Desde 1994 xa tiña un cráter en Venus, concedido no marco dunha campaña para bautizar

con nomes de muller os accidentes xeográficos deste singular planeta.

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 6 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A comunidade educativa agasalla con poesía a Rosalía!

O fai a través do programa Música, poesía e estrelas!

Hoxe imos co podcast nº 6.

Agradecer a todas e cada unha das persoas que fixeron que isto fose posible.

Parabéns Rosalía!

Seguide nas nosas ondas, pois isto aínda non rematou.

Volvemos o xoves que ven con máis Música, poesía e estrelas!

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 5 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Aquí temos o quinto podcast para homenaxear a Rosalía de Castro,

desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable,

que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo.

Parabéns Rosalía!!

 

PARABÉNS ROSALÍA!! #DiadeRosalia #_rdc_2022 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Hoxe asistimos á lectura de poemas de Rosalía.

Realizado pola Biblioteca López Cortón e o Concello de Cedeira.

Un acto especial, tanto pola data dun referente como tamén por ser o primeiro

no que facemos unha saída a un acto público.(*)

Ogallá, as raiolas veñan para quedarse!


(*) No acto gardáronse tódalas medidas de seguridade establecidas no protocolo.

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 4 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Hoxe é festa! Celebramos o nacemento da nosa ilustre Rosalía de Castro!

Con aromas mariños, aquí tedes o cuarto podcast de Música, poesía e estrelas!

Un programa noso, feito por familias, alumnado e mestres.

A comunidade educativa en pe, berrando poesía!

O mellor agasallo para Rosalia, o maior legado para nós.

Parabéns Rosalía!!

 

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 3 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As verbas saen dos nosos beizos e seguimos adicando poesía.

Nestas datas Rosalía e a Radio Experimental son protagonistas.

Aquí vai o noso terceiro podcasts do programa: Música, poesía e estrelas!

Continuade nas ondas!

 

MARES DE CEDEIRA MUSEO - A NENA E A CIENCIA #11F #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Mareas, ese foi o título co que comezou unha tertulia levada a cabo polo Museo Mares de Cedeira,

onde representaron os efectos da Lúa na producción das mareas.

Foron tantas as preguntas da rapaza e tal o interese que o tempo estipulado quedábase curto.

Gracias Mares de Cedeira por traer ciencia á escola.

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 2 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Aquí temos o segundo podcast para homenaxear a Rosalía de Castro,

desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable,

que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo.

Parabéns Rosalía!!