O Samaín chegou ó noso cole e xunto co Equipo de Actividades Extraescolares e o
Equipo de Dinamización Lingüística leváronse a cabo unhas actividades moi
terroríficas por parte dos nosos alumnos.
A primeira a fixeron os nenos de Educación Infantil e os do primeiro ciclo de
Educación Primaria, que volvéronse uns artistas e crearon uns DEBUXOS DE
MONSTROS moi moi terroríficos. Cada aula creou os seus propios monstros e
saíron uns personaxes tan marabillosos coma estes.
Que medo verdade? Pero os nenos máis maiores do noso cole, dende 3º de EP ata
6º de EP, non quedaron atrás. Para eles creouse O CONCURSO DE
RELATOS DE MEDO, que consistía en crear un relato de medo basándose
nuns cadros de pintura que nos deran medo, como por exemplo: “Saturno
deborando ao seu fillo”. Tamén podían aportar eles un cadro que lles gustase.
Algúns dos gañadores e gañadoras deste concurso foron estes.
A súa recompensa por crear eses relatos que tanto medo nos deron foi un libro
elexido polo alumnado gañador.