BIBLIOTECA

Os maiores do cole colaboran na Biblioteca.

Ola rapazada!

As cousas van amodo pero van...

Aquí temos aos maiores do cole colaborando para poñer en marcha a biblio...

Son estupendos e moi mañosos

Tanto ordenan alfabeticamente os libros para colocalos nos andeis, como axudan a preparar os carnés dos novos alumnos do cole!

 

 

 

Con este equipo somos invencibles.

Moitos biquiños de fadas e trasnos para  tod@s.

Curso 2021/2022 ANO DA MITOLOXÍA NO CEIP NAZARET

Ola rapaces e rapazas!

Chegou o día que estábamos  esperando, por fin a Biblio abre de novo as súas portas.

Seguro que estades a preguntarvos quen son ...

Chámome  Seshat e son a deusa exipcia dos libros e das contas, e este curso que  imos a dedicar a investigar sobre a mitoloxía decidín visitarvos e compartir os meus tesouros con todos vós.

Pronto recibiredes unha carta miña invitándovos a celebrar o día das bibliotecas escolares.

 

 

 

 

 

Unha aperta agarimosa e que as grandes aventuras dos libros vos acompañen.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Conmemorando o día das Letras Galegas, xunto co equipo de Dinamización

Lingüística e en homenaxe a Xela Arias, tivemos o pracer de ter unha exposición na

biblioteca da propia homenaxeada (cedida polo concello de Sarria) a semana do 10 ó

14 de maio.

 

Unha exposición baseada en carteis de dous metros de alto no que falaba da

traxectoria da vida de Xela Arias.

 

Esa semana, mantendo o mesmo horario de biblioteca de cada curso, preparouse uns

“pasapalabras” (adaptados a cada idade) onde tiñan que buscar, por equipos ou

individualmente, as respostas do xogo.

 

        

 

       

O DÍA DO LIBRO

Chegou o día 23 de abril, un día moi importante xa que celébrase O Día do Libro, eses

pequenos recunchos que permítennos voar, imaxinar, aprender e vivir moitas aventuras

grazas ás historias que enchen as súas páxinas. 

Por isto, todo o cole creou o libro "Chispín vai de Arte en Arte para

emocionarte". Un libro que ten 9 capítulos e que foi creado polos 9 niveis que ten

o cole, dende os máis pequenos ata os máis maiores. Nel Chispín vai percorrendo as

distintas modalidades da arte, descubrindo moitas cousas sobre elas.

DÍA DA ARTE

Este ano, a arte esta moi presente en todas as actividades que facemos no centro, e

polo tanto, non podíamos deixar de celebrar O Día da Arte, que conmemórase o

día 15 de abril. A actividade que propuxemos para isto foi unha homenaxe a Leonardo

Da Vinci cunha actividade conxunta coa que creouse unha obra de arte

sorpresa. A cada grupo proporcionóuselle un anaco de papel que debían completar,

escribindo dunha cor específica, con citas relacionadas coa arte. Cando todas as

clases o fixeron, ó unir as distintas partes quedou esta fermosa obra de arte cos

alumnos descubriron ó entrar á biblioteca.

 

                

 

DÍA DA POESÍA

.O día 21 de marzo celebrouse o "Día da Poesía" e dende a biblioteca quixemos

facer algo para celebralo. Por isto, propuxemos ós nosos alumnos, a actividade

POESÍA DE CORDEL. Os nenos tiñan que crear as súas propias poesías en

diferentes papeis de cores relacionadas co mundo da arte, que como xa sabedes é o

tema do proxecto deste ano no cole. Logo de ter todas a poesías, colocáronse nun

cordel na biblioteca e quedaron expostas durante 15 días para que todos puidésemos

disfrutar delas, quedando así de bonito

         

SEMANA DA PRENSA

A semana do 1 ó 15 de marzo celebramos a semana da prensa no cole. A actividade

que propuxemos dende a biblioteca foi a búsqueda de noticias relacionadas coa

arte na prensa, xa que este ano é o proxecto do centro. Nesta semana todos os

nenos traballaron na súa aula debatindo, falando e expoñendo a importancia que a

prensa lle dá á arte.

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O 30 de Xaneiro celébrase o Día da Ilustración e dende a Biblioteca propuxemos ós

nosos alumnos, aproveitando que neste mes tamén celébrase o aniversario de

Castelao, unha actividade basada en ilustracións e citas deste autor galego tan

importante. O alumnado tivo que, o ben escoller unha cita e debuxar unha

ilustración, ou ben elixir unha ilustración e baseándose nela crear unha cita para

ela. 

Nesta actividad houbo unha gran participación e os traballos foron expostos no

taboleiro da biblioteca. Algúns deles son estos:

 

                      

                                                   

DECORACIÓN DOS CARNETS DO PROFESORADO

Este ano no cole, o proxecto de centro é "A ARTE" por esta razón, dende a Biblioteca

quixemos propoñerle ó noso profesorado un concurso de decoración dos seus

carnets de biblioteca, decorándolo de xeito libre pero sempre sendo moi

artísticos.

Os nosos profes puxéronse mans á obra e fixeron uns carnet moi bonitos e orixinais!

 

                                        

 

Pero... só pode haber un gañador é a afortunada foi... A NOSA MESTRA DE INGLÉS

MARI LUZ!!! Parabéns!!!!!

 

                                 

NADAL

O Nadal xa está aquí e como ano, dende o Equipo de Biblioteca e coa colaboración do

Equipo de Normalización Lingüística, fixéronse unha serie de trípticos para o

alumnado con recomendacións de lecturas por ciclos  para que nestas vacacións,

ademáis de descansar e desfrutar moito, dediquen tamén un tempiño á lectura

dalgúns dos libros que propoñemos.

Bó Nadal a todos!!!!!!!

Distribuir contido