Skip to Content

biblioteca

O DÍA DO LIBRO

Chegou o día 23 de abril, un día moi importante xa que celébrase O Día do Libro, eses

pequenos recunchos que permítennos voar, imaxinar, aprender e vivir moitas aventuras

grazas ás historias que enchen as súas páxinas. 

Por isto, todo o cole creou o libro "Chispín vai de Arte en Arte para

emocionarte". Un libro que ten 9 capítulos e que foi creado polos 9 niveis que ten

o cole, dende os máis pequenos ata os máis maiores. Nel Chispín vai percorrendo as

distintas modalidades da arte, descubrindo moitas cousas sobre elas.

DÍA DA ARTE

Este ano, a arte esta moi presente en todas as actividades que facemos no centro, e

polo tanto, non podíamos deixar de celebrar O Día da Arte, que conmemórase o

día 15 de abril. A actividade que propuxemos para isto foi unha homenaxe a Leonardo

Da Vinci cunha actividade conxunta coa que creouse unha obra de arte

sorpresa. A cada grupo proporcionóuselle un anaco de papel que debían completar,

escribindo dunha cor específica, con citas relacionadas coa arte. Cando todas as

clases o fixeron, ó unir as distintas partes quedou esta fermosa obra de arte cos

alumnos descubriron ó entrar á biblioteca.

 

                

 

DECORACIÓN DOS CARNETS DO PROFESORADO

Este ano no cole, o proxecto de centro é "A ARTE" por esta razón, dende a Biblioteca

quixemos propoñerle ó noso profesorado un concurso de decoración dos seus

carnets de biblioteca, decorándolo de xeito libre pero sempre sendo moi

artísticos.

Os nosos profes puxéronse mans á obra e fixeron uns carnet moi bonitos e orixinais!

 

                                        

 

Pero... só pode haber un gañador é a afortunada foi... A NOSA MESTRA DE INGLÉS

MARI LUZ!!! Parabéns!!!!!

 

                                 

A CASIÑA DE CHISPÍN

Este ano elaborouse un novo rincón para “Chispín” a personaxe máis importante da biblioteca. Unha pequena casiña donde pasa os días lendo e coidando de todos os libros da biblioteca. 

                                   

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

O pasado día 24 de outubro celebrouse o Día Internacional da

Biblioteca,unha celebración moi especial porque, estes

espazos cheos de maxia permiten que, escollendo un dos

libros que enchen os seus andeis, podas vivir unha aventura

única a través da túa imaxinación.

Isto os nosos alumnos o saben ben, é por iso que dende o

centro elaboramos o "Geniallibro do Ceip Nazaret", donde

recolléronse os libros e contos favoritos dos nenos ademais

dalgunha cita literaria dos mesmos que fixo que a súa lectura

cobrara, dun xeito ou outro, un especial significado para eles. 

 

 

NORMAS DA BIBLIOTECA


 

Biblioteca no día do libro

Moi boas a tod@s!!

Aproveitando que hoxe é o Día do Libro, déixovos o enlace da Biblioteca do cole, xa que prepararon un montón de interesantes actividades durante estes días, que podedes ver no seguinte enlace do cole :

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnazaret/taxonomy/term/136

 

Tamén poden ser do voso interese estes dous enlaces da Cidade da Cultura de Galicia, nos que deberedes resolver uns enigmas que tratan sobre a natureza e a historia :

https://www.cidadedacultura.gal/gl/system/files/downloads/2020/04/fedella_exeria_viaxaconelas.pdf

https://www.cidadedacultura.gal/gl/system/files/downloads/2020/04/fedella_bosque_1.pdf

 

Comentarvos xa para rematar que en breves empezarei a colgar os videos que me enviades, pero como moitos ocupan moito máis espazo do que o blogue pode soportar, será máis fácil e cómodo que os poña no meu canal de You Tube e dende alí mande o enlace ao blogue.

Se alguén ten outras opcións que poidan ser máis interesantes e sinxelas, que mas comente polo wassap ou no correo.

Graciñas a tod@s coma sempre, polo esforzo tan titánico que estades facendo nas vosas casas!!

Apertas e bicos mil!!

Distribuir contido



by Dr. Radut