Skip to Content

blogue deJuan

Expoñemos e cociñamos

Ola familias!

Esperamos que estedes disfrutando moito do verán!

Aquí  deixámosvos dous enlaces para que poidades ver na canle de Faustino e Marcelino. Por unha parte, as exposicións dos Proxectos de Investigación  que fixemos sobre as plantas no 3º trimestre e o video sobre  o taller de cociña que Lucía brindounos ao final deste curso.

 

Ademais se queredes facer  algunha caligrafía durante o verán, deixámosvos tamén o seguinte enlace para que os poidades imprimir: 

https://www.mclibre.org/consultar/primaria/copia2/index.php?language=es_ES

  

 

O enlace para ver o video íntegro dos Proxectos de Investigación das Plantas, ten unha duración de 30 minutos e o encontraredes  aquí:

https://youtu.be/qF8y9ya8rYg 

  

E por último, o video-resumo do taller realizado por Lucía (o mesmo día da exposición) e que puidemos gozar gratamente no parque do colexio. 

Estaba todo boísimo!!

Esperemos que vos animedes a repetilas nas vosas casas!!

https://youtu.be/6T_taAU6Iaghttps://youtu.be/6T_taAU6Iag 

  

Veraniegas apertas de Amparo e Juan.

 

Feliz ano con agasallo!

Benqueridas familias:

Para celebrar a entrada do ano, Faustino e Marcelino queren agasallarnos co video-resumo do sétimo e último capítulo do Vento do Medo, o cal foi gravado na biblioteca do cole o pasado 19 de decembro.

Esperamos que vos guste e o desfrutedes moito!!

O enlace para ver o video é o seguinte:

https://youtu.be/N1GxR9xf5JQ 

 

Ademais na descripción do propio video tedes unhas preguntas que podedes contestar na vosa libreta durante estes días,cando poidades... 

E por suposto, seguide desfrutando das vacacións!

Unha forte aperta

Amparo e Juan

6º capítulo de.....O Vento do Medo...

Ola familias!

Aquí temos un novo video resumo do 6º capítulo do Vento do Medo, realizado e gravado na aula de 2º.

Deixámosvos o enlace para velo:

https://www.youtube.com/watch?v=vkoBTlJ__-g

 

Neste capítulo a maga Paca e o mago Rino volven sorprenderse coas máxicas e alucinantes sorpresas que nos prepararon coma sempre Faustino e Marcelino...

Esperamos que o pasarades moi ben e moitas gracias pola vosa participación e complicidade!

Sodes xeniais!

Apertas!!

 

Amparo e Juan

Non hai dous sen tres...

Ola familias!

Debido seguramente a que organizacións internacionais como o FBI, a CIA ou a Interpol,

están vixiando moi de cerca os movementos de Faustino e Marcelino...estes decidiron volver a "autocensurarse"...

.... modificando de novo o video que nos regalaran.

Neste caso, na parte dos maios...

(se queredes ver a actuación orixinal dos maios : http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnazaret/system/files/1%C2%BA.mp4 )

 

 

Este é o novo enlace do video coas actividades do curso 22-23.:

https://www.youtube.com/watch?v=hv7iCo560s8

 

Esperamos que con este "colorido" cambio, deixen descansar un pouco aos pobres Faustino e Marcelino... ;)

 

Saúdos!!

Marcelino e Faustino teñen un regalo para nós...(sen apadriñamento lector)

Ola familias!

Para que Marcelino e Faustino non vaian ao cárcere ou teñan que pagar unha multa de miles de millóns de euros, decidiron ocultar do video anterior, a parte na que aparecían os compis de 5º, no apadriñamento lector do curso 22-23 ... o resto do video é exactamente igual.

Aquí nos deixan o novo enlace no seu canal :

https://www.youtube.com/watch?v=e9bky1QSfNo

Saúdos!

5º capítulo... "O Vento do Medo"

Ola familias!!

Aquí vos deixamos o enlace para ver o 5º capítulo da historia  máxico-teatral  titulada "O Vento do Medo", que realizamos conxuntamente na aula de 1ºA o pasado mes de marzo:

https://youtu.be/rDG647z55Yo 

 

A partir desta gravación traballaremos tamén os distintos contidos das próximas semanas.

Moitas grazas coma sempre pola vosa colaboración e participación!!

 

Amparo e Juan

 

 

Actividades para traballar na casa

Ola familias!!

Tal e como vos comentaba o venres por Abalar, déixovos unhas cantas actividades para que poidades realizar estes días na casa, dentro das posibilidades que teñades cada familia.

O ideal sería que cada día fixeran unha actividade de : mate-cálculo mental, lectura-comprensión lectora, visualizar algunha serie-debuxos en galego, pintar-crear en plástica, algo de grafomotricidade e escritura ... e/ou calquera outra actividade que consideredes (por exemplo, que vos axuden a cociñar un postre (escollendo ingredientes, pesando cantidades, controlando tempos no reloxo,...) xogar ao parchís-oca ou calquera outro xogo de mesa, construir avións de papel, xogar ao voleibol cun globo, etc.)

Ademais se fose necesario que vos conectárades á Aula Virtual, un profe se encargará de darvos toda a información necesaria para iso.

A maioría das actividades intentei escollelas dun pequeno ábaco de páxinas web para que vos fora máis sinxelo.

Estas serían (a maioría son para traballar on-line) :

Cálculo mental-matemáticas

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=bombillas&l=es

Xogo de conteo matemático (mellor empezar no nivel 2)

 

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=suma10&l=es

Xogo para sumar 10. Con tempo limitado

 

https://www.vedoque.com/juegos/granja-matematicas.html

Xogo de sumas e restas con tempo ilimitado. Podedes utilizar calquer tipo de material para axudarvos a sumar.

 

https://vedoque.com/html5/matematicas/domino/

Xogo de dominó, xa practicado na clase.

 

https://vedoque.com/html5/matematicas/sumamonedas/

Xogo con moedas de euros para contar e sumar.

 

https://vedoque.com/juegos/matematicas/dados/

Xogo de cálculo mental con dados e tempo limitado.

Atención

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=iguales&l=es

Traballo de atención, que necesita rapidez. Xa traballado na aula, pero necesitarán da vosa axuda para marcalos.

 

Lectura

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=Otono&l=es

https://vedoque.com/html5/lectura/lectura2/

https://www.vedoque.com/html5/lectura/lectura3/

https://www.vedoque.com/html5/lectura/lectura4/

https://www.vedoque.com/html5/lectura/lectura5/

 

Comprensión lectora

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/la-pirata-lorena

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/la-primera-pizza

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/bicicleta

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/que-es-una-cremallera

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/sol

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/pilarin-munecas

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/la-leyenda-del-queso

Nestas lecturas sería interesante que as familias lle lerades o pequeno texto, para que el@s contestasen as preguntas de comprensión que hai a continuación. (pode ser necesario que lle leamos o texto 2,3 ou máis veces, para unha mellor comprensión do mesmo) (hai bastante publicidade nestas páxinas)

Lingua Galega :

http://www.crtvg.es/infantil/programasNesta páxina atoparedes bastante variedade de programas, series e debuxos en galego.

Eu destacaría, por exemplo :

http://www.crtvg.es/infantil/programas/os-contos-do-camino

http://www.crtvg.es/infantil/programas/as-aventuras-de-minchi

 

Plástica

https://www.recreoviral.com/creatividad/representaciones-objetos-cotidianos/

Aínda que esta actividade a íamos  traballar estes días na aula, vouvos propoñer que lle botedes un vistazo a esta páxina do artista brasileiro Victor Nunes  e intentedes pensar en crear algo parecido nas vosas casas... Seguro que coa vosa imaxinación e creatividade faredes cousas superchulas!!

 

Para imprimir : (Importante : Durante estes días, nun principio,se vos facilitará algún material impreso para que traballen tamén a escritura).

Se necesitades a maiores imprimir algunha destas actividades poñedevos en contacto con Bego a profe de 1ºB( bfontenla@edu.xunta.es) ou co cole directamente para que vos faciliten a impresión)

Para traballar a grafomotricidade :

https://drive.google.com/file/d/0B4W3NTspSaf_bHN6NDNpSnM1VEE/view

https://www.mundoprimaria.com/dibujos-para-colorear  

Multitude de debuxos para imprimir e colorear.

 

Lecturas en familia :

https://cuentosparadormir.com/cuentos-ilustrados

Interesantes páxina web con moitos contos nos que se traballan diferentes e importantes valores. Lidos algúns na clase.

 

Curtametraxes  para ver en familia:

https://www.youtube.com/watch?v=NSwXJby5bdIhttps://www.youtube.com/watch?v=zmXnl8ICK9A

https://www.youtube.com/watch?v=4INwx_tmTKw

https://vimeo.com/194276412

https://www.youtube.com/watch?v=TvLV5Iy6YDk  (en catalán con subtítulos en castellano)

 

Lembrade adaptar todo este material e actividades ás vosas necesidades e posibilidades horarias.

 

Espero que en poucos días poidamos volver a vernos coma sempre e que todo volva á normalidade.

Eu estou perfectamente e desexo de corazón que tod@s esteades tamén moi ben, dentro das incomodidades desta singular situación.

Moitas gracias pola vosa lectura, esforzo e comprensión!!

Seguimos en contacto!

Moitísimas apertas virtuais de ánimo para tod@s!!!

 

Juan

 

 

REMATAMOS O CURSO!!

Bo día a tod@s!

 

Xa rematamos o curso e este trimestre "tan especial" no que vivimos experiencias e aprendizaxes moi diferentes ás que estabamos acostumados.

 

Seguro que houbo momentos máis ou menos difíciles polas circunstancias persoais de cada familia, pero ao final penso que todas fixemos un gran esforzo para superar esas dificultades e conseguir en termos xerais, un fantástico traballo tanto individual como colectivo do que sentirnos moi orgullosas!!

 

Así que moitas gracias e os meus máximos parabéns polo voso xeneroso esforzo en todo este tempo!!yes

 

 

Déixovos tamén os últimos enlaces do Xogo de Marcelino.

 

Lembrade que unha vez teñades  contados todos os Marcelinopuntos, deberedes enviarme ao correo un xustificante con todos os Marcelinopuntos que conseguichedes en cada video e o número total deles.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=BxWYYBya1Ks&t=13s   Pingüíns.

 

https://www.youtube.com/watch?v=Qd2InoysgTo&t=1s    Natación.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=-ndpVz9l-hk&t=1s   Sistema solar.

 

 

https://view.genial.ly/5ed90bbedbbb930d03ea6b19/presentation-delfines  Golfiños

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=nrfi5GBdFZ8&t=25s    Ioga.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=jN5N2ljBlNw   Golfiños.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=cbAuoxz6dkQ    Videoxogo.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=p2J4jNmgKcw    Salto Ángel.

 

 

Espero que o pasarades moi ben co Xogo e que consigades eses 50 Marcelinopuntos para poder ver os vídeos segredos de Marcelino!!

 

 

"SPOILER"!!!!

O Martes 30 de xuño estarán dispoñibles os videos segredos de Marcelino...soamente para aquel@s que teñan 50 Marcelinopuntos!!

 

 

Se no verán queredes manter unha liña de traballo cos vosos fillos e fillas, recomendaríavos principalmente seguir traballando noutros novos proxectos de investigación tal e como viñemos facendo ata agora.

 

Se algunha familia necesitara algunha ficha estándar máis, coma as de LG de animais, facédemeo saber e colgareinas aquí no blogue.

 

Aínda que agora mesmo, a corto prazo, o que recomendo é un tempo de descanso e desconexión, para retomalo despois con máis forza.

 

Espero vervos na recollida do material do día 23 e/ou na despedida informal que faremos case seguro o martes 30 pola tarde na Congorza (esto último aínda é provisional)

 

Xa sei que verémonos por aí no verán ou no próximo curso no cole, pero quixera agradecervos publicamente (nenas, nenos, nais, pais, tíos, avós,....) toda a vosa atención, cariño e colaboración neste case 2 anos que levamos coñecéndonos.

 

Para min foi un auténtico pracer compartir tantas experiencias e aprendizaxes con todas vós!!

 

 

 

heartLevareivos nunha parte do meu corazón para toda a vida!!heart

 

 

 

 

Feliz verán a tod@ssssss!!!!!

 

 

 

Juan

 

Conmemoramos 50 videos de investigación

Ola nenas e nenos!

Para conmemorar o noso video número 50 da canle de you tube "O Canal de Marcelino 4A Nazaret", imos disfrutar do xenial Proxecto de Investigación da nosa compañeira Elsa sobre os golfiños, directamente dende o  blogue :

https://view.genial.ly/5ed90bbedbbb930d03ea6b19/presentation-delfines

Deberedes contestar correctamente a estas  5  cuestións  para conseguir outro Marcelinopunto:

1 - Por onde respiran os golfiños?

2 - Cantas aletas teñen os golfiños?

3 - Ata canto poden chegar a medir os golfiños?

4 - Cantos anos poden chegar a vivir?

5 - Completa o quebracabezas que propón Elsa.

 

Mandade as vosas respostas coma sempre a :

juanmpineiro@edu.xunta.gal

 

Saúdos!

Unha redacción especial

 

Bo día a tod@s!

 

Xa nos queda apenas unha semana de "cole" e gustaríame comentarvos 4 cousiñas para estes últimos días:

1 -  A redacción que escribades esta última semana gustaríame que fose un pouco máis

especial que o resto dos escritos que me enviastes, pois encantaríame que reflexionedes e

fagades memoria sobre estes 2 cursos nos que estivemos  xunt@s.

 

Para redactar o voso escrito tede en conta preguntas coma, por exemplo :

 

* Cales foron as actividades que máis che gustaron facer e porqué? Cales foron as que menos che gustaron?

 

* Cal foi a saída escolar que máis che gustou destes cursos? Gustaríache facer máis excursións e viaxes?  A donde?

 

* Como te sentiches en xeral co ambiente da clase? E cos compis? Era agradable para ti ou te sentías incómod@ na clase? Explica porqué.

 

* Gustaríache que se volveran a mezclar as clases de 4º?  Por que?

 

* Que cousas importantes cres que aprendiches nestes 2 cursos xuntos?

 

* Que pensades que botaredes de menos para o próximo curso? Que vos gustaría aprender en 5º?

 

* Etc, etc, etc. (Podedes contar máis cousas das que eu vos pregunto)

 

 

NON QUERO que contestedes ás preguntas, senón que fagades unha redacción tendoas en conta.

 

Sería moi, pero que moi interesante, que fose un ESCRITO LONGO e pensado con calma,

pois foron case 2 anos xunt@s e hai moito do que lembrarnos....e por suposto, que 

rematatedes a vosa derradeira redacción do curso cun precioso debuxo final

relacionado coa nosa clase!!

 

 

2 - Para recoller o material das aulas do alumnado de 4ºA será o día 23 de xuño pola mañá.

Xa acordaremos un horario específico estes días (será aproximadamente dende as nove e

media ata as 12.00h), para que sexa fluída a entrega do material.

Se algunha familia non puidera ese día, intentariamos excepcionalmente buscar outra data e hora.

 

3 -  A videochamada colectiva desta semana será mañá venres ás 12.00h. Espero

vervos a tod@s nesta penúltima videochamada de grupo!!

 

 

4 - Aínda que vos vou enviando ao wassap os enlaces diario para o xogo de Marcelino na nosa

canle de You Tube, déixovos aquí todos os enlaces xuntos da semana :

 

LUNS 8  https://www.youtube.com/watch?v=xgUMtA4b2lI   Parte 1    Maxia I                 

                                   https://www.youtube.com/watch?v=-ZKlToc4oaQ   Parte 2    

 

 

MARTES 9   https://www.youtube.com/watch?v=ZST6yBzydqM   Os raposos

 

 

 

MÉRCORES 10 https://www.youtube.com/watch?v=8qWFLVqt0e0   Viaxamos a Francia

 

 

XOVES 11      https://www.youtube.com/watch?v=QGOq7qRJABw   Abellas do mel

 

 

VENRES 12    https://www.youtube.com/watch?v=0g4xPtxQ2M8      Maxia II .

Dispoñible a partires das 9.00h. da mañá.

 

 

SÁBADO 13    https://www.youtube.com/watch?v=g193aq1bTCg     Xoaniñas.

Dispoñible a partires das 9.00 h.

 

 

Moitas gracias pola vosa atención e lectura!

 

 

Disfrutade con todo o que fagades e vivide cada momento como algo especial!

 

 

Saúdos, apertas e bicos virtuais para tod@s!!

 

 

Distribuir contido



by Dr. Radut