Skip to Content

blogue deJuan

ENQUISA e Marcelinopuntos

Estimadas familias :

 

Déixovos por un lado a enquisa "telemática" elaborada para todo o Centro, e da que tamén mandei aviso polo Abalar móbil, para que unha vez cumplimentada co nome da vosa filla ou fillo, poidades enviar ao meu correo na maior brevedade que poidades. ( juanmpineiro@edu.xunta.es )

 

Moitas gracias de antemán pola vosa colaboración!!

 

 

Por outra banda, nenas e nenos, tamén vos deixo os enlaces do Xogo de Marcelino na nosa canle de You Tube para esta semana....

Ánimo que xa estades máis cerca dos 50 MARCELINOPUNTOS!!

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=R-m0Vun7te0              Dende onte, unha nova Lembranza Musical.

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=2Mmk51Bdv0A          Parte 1. Volcáns.

 

https://www.youtube.com/watch?v=znCt1-jFlXk                  Parte 2. Volcáns.

 

VIDEOS DISPOÑIBLES DENDE O MARTES 2 DE XUÑO ÁS 10.00 H

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=TkQBqLAoqkQ     Planetas e emocións

 

VIDEO DISPOÑIBLE DENDE O XOVES 4 DE XUÑO ÁS 10.00 H

(FIXARVOS NAS NOVAS NORMAS DENDE ESE DÍA!!)

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=-L2IcxSb5VE     Luni e Sira.

 

VIDEO DISPOÑIBLE DENDE O VENRES 5 DE XUÑO ÁS 10.00 H

(FIXARVOS NAS NOVAS NORMAS!!)

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=i58e6iKF02M       Poliños.

 

VIDEO DISPOÑIBLE DENDE O SÁBADO 6 DE XUÑO ÁS 10.00 H

(FIXARVOS NAS NOVAS NORMAS!!)

 

 

 

Se algunha familia necesitara algún tipo de exercicios ou actividades adicionais para traballar na casa  estas últimas dúas semanas, diferentes ás que eu propoño (por exemplo, fichas estándar dalgunha asignatura en concreto) que se poña en contacto conmigo a través do meu correo persoal para facilitarlle máis material.

 

 

Por último, comentar que a VIDEOCHAMADA COLECTIVA desta semana será o XOVES 4 DE XUÑO dende as 12.00 h ata as 13.00h.

 

 

Que teñades unha feliz semana!!

 

 

 

Saúdos e apertas para tod@s!!!

 

 

 

Marcelinopuntos desta semana

Estimadas familias!

 

Nestas tres semanas e media que nos quedan de "cole virtual", gustaríame tal e como vos comentaba o martes pasado no blogue, que priorizárades algúns aspectos e contidos que eu considero máis importantes e interesantes, dende un punto de vista  psico-pedagóxico, para o quefacer diario d@ vos@s fill@s, que volvo a resumir :

 

1º - Proxecto de Investigación (con video incluído),

2º - Xogo de Marcelino na nosa canle de you tube, 

3º- UN escrito semanal,

4º - Lectura diaria (30 min.),

5º- Un problema matemático e unha multiplicación ou división, 

6º- Fichas estándar de LG, LC e coñecemento.

 

Por suposto podedes engadir todo o que consideredes e cambiar a orde e as preferencias, para axustalo ás vosas necesidades persoais e familiares nestes próximos días e ata o fin de curso.

 

 

Tamén quero comunicarvos que imos manter os martes (nun principio soamente ese día) pola mañá e pola tarde, as VIDEOCHAMADAS INDIVIDUAIS (de 15 minutos), para que poidamos comentar e falar sobre algúns aspectos e temas académicos, emocionais ou de calquera outro tipo.

 

Se algunha familia desexa esta reunión individual para algún destes  martes, que se poña en contacto conmigo, principalmente polo wasssap, ou de non ser posible, polo correo electrónico.

 

Tamén as familias coas que xa falei onte, poden repetir todos os martes que queiran, pero darei prioridade ás familias coas que non tiven aínda Videochamadas Individuais.

 

Se por algunha circunstancia, unha familia NON PUIDERA estar dispoñible ningún martes, que mo faga saber e buscariamos excepcionalmente, outro día para reunirnos virtualmente.

 

 

Respecto ás Videochamadas Colectivas, seguiremos mantendo unha á semana, pasando a ser nun principio  dunha hora de duración e non 1 hora e media, tal e como viñamos facendo ata agora.

 

 

Esta semana a Videochamada Colectiva será MAÑÁ XOVES 28 de maio ás 17.30 h.

 

 

Mandaréivos, coma sempre, a invitación ao grupo de wassap.

 

(Xa sabedes nenas e nenos que podemos contar chistes, adiviñas, trabalinguas, propoñer retos, xogos, cancións, disfrazarnos, xogar á mímica, observarnos sen falar, .... etc.etc.etc.)

 

Espero vervos a tod@s!!!

 

 

 

Respecto ao Xogo con Marcelino, insisto na importancia de que participedes tod@s  nesta actividade....dentro das vosas posibilidades...

 

Déixovos aquí os enlaces desta semana :

 

https://www.youtube.com/watch?v=-vpanPXAICY   Dende onte, un novo reto de Marcelino sobre as

matemáticas!!

 

- https://youtu.be/K-AFiAf3q_Q       Descubriredes interesantes datos sobre o Antigo Exipto.......

Dispoñiblepartir do Xoves 28 de marzo ás 10.00 h da mañá.

                                              

 

- https://youtu.be/7Omu8r46tHw  Que sabedes do Sistema Solar?..........

Dispoñible a partir do Sábado 30 de maio ás 10.00 h.

 

 

Seguiremos en contacto a nivel individual para calquera cousa que necesitedes, por medio do correo electrónico, Abalar móbil, wassap, videochamadas ou teléfono.

 

 

Gracias pola vosa lectura e comprensión!

 

 

 

Saúdos e apertas para tod@s!!

 

 

 

 

 

 

Material e recomendacións

Bos días a tod@s!

 

Para estes próximos días e para seguir traballando a comprensión lectora e  

outros contidos de L.G. e Coñecemento do medio, vouvos propoñer

outras 5 fichas de distintos animais e que continúan as que vos enviei o 27 de

no blogue de 4º.

 

Neste caso as fichas son de : monos de África, monos de Sudamérica, 

algúns felinos, o hipopótamo pigmeo e o morcego.

 

Ide distribuindo nas vosas casas estas fichas durante uns 15 días

aproximadamente.

 

Ás familias que vos fotocopiara todo o material previamente, buscade

estas 5 fichas para realizalas tamén durante estes días.

 

 

 

Lembrade que o máis importante para min é que :

 

 

Teñades unhas rutinas e hábitos de estudio diarias, polo menos, de

luns a venres.

 

- Que esteades a facer un ou varios Proxectos de Investigación, coa súa fase 

final incluída (exposición e gravación en video tal e como faciamos no 

cole, con todo o material adicional que consideredes para poder facelo o

máis atractivo e interesante posible).

 

- Que me enviedes un escrito semanal, contándome as vosas experiencias, o 

voso a a día, algunha situación agradable ou desagradable que vos sucedera, os

vosos medos,alegrías, enfados, tristezas,...

Todo o que queirades contarme!! (para iso é interesante que escribades todos os

días algo, "en sucio", para non olvidarvos ao final, do que fixechedes durante

eses 7 días)

 

- Ata fin de curso é importante tamén que tod@s participedes no Xogo

Interactivo de Marcelino na nosa canle de You tubepois traballaremos

e repasaremos distintos e interesantes contidos, tendo coma base os vosos

propios traballos de investigación....

 

E ademais podedes conseguir un máxico e alucinante premio

máxico!!

 

- A lectura, aínda que non insistira moito  nela durante estas semanas, sabedes

que é fundamental na nosa aprendizaxe (adultos tamén) e é por iso que

recomendo como mínimo 20-30 minutos diarios.

 

                                       

A partir disto,  engadide as fichas estándares que vexades convinte en cada

casa e circunstancia familiar.

 

Este próximo mércores e venres teremos 2 novos videos en "O Canal de

Marcelino 4ANazaret" para que poidamos seguir aprendendo e conseguindo

máis Marcelinopuntos.

 

 

Estes son os enlaces para esta semana: 

 

- (Dende onte) https://www.youtube.com/watch?v=YXZmw2VWXqA

 

- Para o mércores, a partir das 10 da mañá

 

 https://www.youtube.com/watch?v=E_GBz6Ya9vI

 

- Para o venres, a partir das 10 da mañá

 

https://www.youtube.com/watch?v=wso9PF1DNzw

 

 

Espero que os disfrutedes e tomedes boa nota!!

 

 

Xa por último comentarvos que esta semana faremos a videochamada, nun 

principio, o xoves 21 de maio ás 12:30 h da mañá.

 

Espero vervos a tod@s!!yes

 

Lembrade que dixeramos que podiamos ir  disfrazad@s, contar chistes,

adiviñas e demais cousas que vos apetezan ....

 

Tamén podemos aproveitar e se tedes algunha dúbida con algún exercicio

ou actividade que esteades a facer, podedes preguntalo en grupo e eu ou

algún dos nosos compis, pode axudarvos.

 

 

 

Deséxovos coma sempre o mellor do mellor!!!

 

 

 

Disfrute do presente o máximo que poidades!!

 

 

 

 

Apertas infinitas!!!heart

 

O Xogo Interactivo de Marcelino

Ola nenos e nenas!!

 

A partir de hoxe comezamos na nosa canle de You Tube " O Canal de Marcelino 4A Nazaret " un novo e alucinante Xogo Interactivo con Marcelino e conmigo.

 

Está todo explicado na descripción deste 1º video :

https://www.youtube.com/watch?v=_AHpKSBwRuA

Se pinchades en "Mostrar más" neste video, e nos seguintes que vaiamos poñendo, veredes as instruccións para participar neste Xogo Interactivo e os Marcelinopuntos que poderedes conseguir en cada vídeo.....

 

É moi sinxelo participar!!

 

E o premio merece moooito a pena!!!!!yesyesyescool

 

 

Mañá ás 10:00h poderedes ver na nosa canle de You Tube, o 2º video e conseguir máis Marcelinopuntos!!

Déixovos aquí o enlace, pero lembrade que ata mañá ás 10h non o poderedes ver...........aínda que o intentedes!!cheeky

https://www.youtube.com/watch?v=uGdAyUVqTxM

 

 

Móstrovos de novo o meu correo para que me poidades enviar todas as vosas respostas!! 

E lembrádevos que tedes un prazo máximo de días para entregalas!!

 

                                   juanmpineiro@edu.xunta.es

 

 

 

Por último decirvos tamén que espero veros a moit@s de vós maña ás 12.30 h na videochamada colectiva!!!

 

Seguro que o ímos a pasar xenial!!!heartheartyes

 

 

Miles de apertas virtuais para tod@s!!!!

 

 

 

Semana Letras Galegas

Benqueridos nenos, nenas e familias!

Debido a que estes días traballariamos no colexio a Semana das Letras Galegas coa conmemoración este ano de Ricardo Carvalho Calero (todos os actos oficiais están aprazados ata o 31 de Outubro de 2020), vouvos propoñer que coñezamos un pouco a figura deste autor galego.

 

Para iso déixovos os seguintes enlaces que aparecen tamén no blogue de Dinamización do cole, no que poderedes ademais atopar a revista O Facho e ver algunhas das noticias que fixeramos este curso.

 

Eu suxírovos os seguintes enlaces para traballar estes días das Letras Galegas:

- http://primaveradasletras.gal/

Amplo recorrido pola vida de Ricardo Carballo da Real Academis Galega.

Moi interesantes todas as entradas.

Tedes material para imprimir ou para facer interactivamente.

Tamén pódense facer marcapáxinas e outro tipo de actividades.

 

Déixovos de exemplo estes enlaces da páxina:

http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha1.pdf

 

http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha5.pdf

 

http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/2020-COLOREAR.pdf

 

http://primaveradasletras.gal/chapas-e-marcapaxinas/

 

- No Seminario Galán tedes tamén actividades para facer interactivamente :  http://seminariogalan.org/inicio/ver/469  

ou de xeito impreso :  http://seminariogalan.org/2020/ACT_4_ED_PRIMARIA.pdf

 

Xa por último, déixovos un enlace en you tube cun xogo-canción que pode resultar moi interesante :

https://www.youtube.com/watch?v=JjDWS9hT7OQ&feature=youtu.be

                                                   

 

O material que fagades estes días ideo gardando  tamén co resto de fichas impresas que teñades.

É material que servirá, entre outras cousas, para o inicio do seguinte curso.

 

Se tedes algunha dúbida con algunha actividade proposta, podedes enviarma ao correo e axudaréivos con esa tarefa en concreto.

 

 

 

Por outra banda, lémbrade visitar os blogues dos profes especialistas que sempre teñen cousas interesantes...

E dende onte está na nosa canle "O Canal de Marcelino 4A Nazaret" un novo reto máxico....

 

..A ver quen se atreve a intentalo!! 

https://www.youtube.com/watch?v=7aPeN57CmY4

 

 

Deséxovos coma sempre o mellor do mellor a tod@s!!

 

Intentade ser o máis felices posible, e en breves, espero poidamos vernos grupalmente por videochamada!!!

 

 

Centos de apertas e bicos virtuais para TOD@S!!!

 

Repaso Números romanos

Bos días rapazada!

 

Que tal o ides levando cos vosos  novos proxectos de investigación e demais traballos e actividades?...

 

Espero que vaian ben, pouco a pouco, amodiño, pero con boa letra...

 

 O importante é que teñades esa rutina e hábito persoal de traballo todos os días, seguindo as normas e o que  vos propoñan dende as vosas casas (lembrade que o que digan as vosas familia, é o mesmo que  eu vos diría).

 

Para estes días e semanas gustaríame que puiderades repasar tamén os números romanos.

 

Para iso envíovos os seguintes enlaces :

http://www.elabueloeduca.com/aprender/matematicas/numeros_romanos/numeros_romanos.html

Repaso das normas dos números romanos.

 

Actividades para facer na rede :

 

http://www.dibujosparapintar.com/juegos_relacionar/juego_3  

 

https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/todo_mate/actividades5/tema1_P5/tema1_pr5_p.html

 

https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/todo_mate/actividades5/tema1_P6/tema1_pr6_p.html

 

https://www.testeando.es/Los-numeros-romanos-muvxtfnj  

Test tipo concurso.

 

- Por se quedáchedes con gañas de seguir practicando os números romanos: (ampliación)

http://repositorio.educa.jccm.es/portal/odes/matematicas/primaria_numeros_romanos/index.html?utm_source=tiching&utm_medium=referral

 

http://ares.cnice.mec.es/matematicasep/colegio/romanos.html

 

https://www.educanave.com/primaria/matematicas/numerosromanos.htm

 

 

Tamén quixera comentarvos que máña venres, a partir das 19.00h da tarde, haberá unha nova estrea de videos na nosa canle de You tube :

 

O Canal de Marcelino 4A Nazaret 

  https://www.youtube.com/channel/UCUtYvYJHGquOqrknCW8Z3ZQ

 

Non volos perdades!!!

Quedaredes coa boca aberta!!!!

 

 

Bueno, despidome de vós no blogue ata o próximo martes, espero que teñades unha boa fin de semana, que disfrutedes dos vosos paseos (eu tamén ;) e seguimos en contacto polo correo ou no grupo de wassap!!

 

Centos de apertas e bicos virtuais para tod@s!!!

 

Material matemático

Ola a tod@s!

Despois da agradable sorpresa que onte nos deu Marcelino ao aparecer nun video da nosa canle de you tube :

 O Canal de Marcelino 4A Nazaret  https://www.youtube.com/watch?v=5ZrONA20oXI 

quixera comentarvos que a Marcelino gustoulle moito saír no video e dime que espera poder saudarvos noutros videos, se vós queredes!! 

Tamén me dixo que vos animedes a enviarlle máis videos!!

Está aprendendo moito con todo o que estades facendo!!!

 

Por outra banda, quixera propoñervos algo de material matemático para estes próximos días e semanas: unha páxina web e fichas de problemas.

A páxina web xa a coñecen  "Vedoque.com", pero esta actividade non a fixeramos aínda no cole.

Trátase de completar Pentominós, por libre ou en quebracabezas, no que teremos que rotar e inserir distintas pezas para completar as casillas e niveis. Está neste enlace : https://vedoque.com/juegos/matematicas/pentomino/

(Tamén podedes repasar máis xogos que coñecedes na mesma páxina web).

 

Dos problemas matemáticos que vos propoño para estas semanas, sería interesante que poiderades incorporalas  ás vosas rutinas e hábitos de traballo, recomendando baixo o meu punto de vista, 2 ou 3  problemas ao día.

O máis importante neste caso sería coller a rutina de facelos todos os días, lendo e relendo o problema, entendendo qué nos pregunta, subraiando, facendo algún debuxo ou esquema que nos permita distinguir os datos máis importantes, que o resultado teña sentido co que nos preguntan, etc.

Das 64 follas de problemas, eu recoméndovos facer ata a páxina 12, pero se alguén quere  continuar...

 

Nesta semana poñereime en contacto coas familias que me comentáchedes que necesitábades algo de material impreso de L.G., (tamén incluín este material matemático).

Tedes todas as fichas de problemas no ficheiro que vos adxunto.

 

Lémbrade tamén repasar os blogues dos profesores especialistas (onte no blogue de Educación Física, colgouse un enlace moi recomendable para mover o noso corpo: https://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa )

 

 

Nada máis de momento, o xoves colgarei algún artigo máis no blogue e tamén outras suxerencias didácticas.

 

Espero e desexo que esteades investigando profundamente neses temas que resultan do voso interés, pois tanto Marcelino coma eu e o resto de compis, estamos desexando aprender moito dos vosos traballos e investigacións!!

 

 

Coma sempre, moito ánimos e forzas que xa queda menos!!

 

Unha chea de apertas para tod@S!!!

 

Reflexións e recomendacións

Ola a tod@s!

Para este mes de maio que iniciaremos en poucas horas, e pasadas xa case 7 semanas nas nosas casas, gustaríame comentarvos a nivel xeral, unha serie de recomendacións/reflexións persoais para estes próximos días:

 

O máis importante para min coma mestre (a parte de que esteades tod@s ben), é que teñades uns horarios e unhas rutinas establecidas nas vosas casas, para non perder os hábitos de estudo e de traballo, tendo en conta  a situación de cada fogar, pois evidentemente será distinto en cada caso.

Foi por iso que dende o principio propúxenvos (e seguirei propoñendo) actividades cun amplo abanico de posibilidades para realizalas, para que cada familia poida adaptalas ás súas circunstancias persoais. Dende fichas, traballos de investigación, xogos, experimentos, receitas de cociña, maxia, mindfulness, experimentos, música, manualidades, curtametraxes, ... etc.

 

Como xa sabedes familias, a miña forma de entender a aprendizaxe e a educación na escola, non pode estar baseado únicamente en facer e facer fichas ou actividades dun libro nunha libreta ou nun ordenador.

Os procesos de aprendizaxe reais (actualmente os estudos científicos así o avalan a través da Neurociencia, dándollle por exemplo ás emocións un papel fundamental e prioritario en todo este proceso), suceden cando todo o noso ser está involucrado e motivado en querer aprender algo novo dun xeito activo, creativo, participativo e integral.

 

Baixo esta breve premisa e tendo en conta a situación actual na que nos atopamos tod@s, e sempre segundo o meu punto de vista profesional e humano, gustaríame que seguirades priorizando  as actividades nas que se involucran globalmente máis Competencias* (* "Combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento, que se movilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Un "saber facer". Decreto 105/2014 curriculo de ed. primaria en Galicia)

 

A nivel xeral, os Traballos de Investigación que vos propuxen (tal e como viñamos facendo de xeito cooperativo no cole), no que o alumnado expoñía a información, dun xeito o máis creativo posible respecto a un tema do seu interese, planificando, estructurando a información que quere aprender en apartados, comparando e buscando distintas informacións na web ou nos libros, seleccionando, copiando, recortando, pegando, memorizando, etc.......e expresando todas as súas conclusións por medio dun lapbook, powerpoint ou por calquera outro medio. Traballando deste xeito elementos tan importantes coma a expresión oral, corporal, escrita, ... ademais doutros contidos transversais.

A idea é que isto, o fagan da maneira o máis autónoma posible, dentro das diferentes situacións familiares nas que estades convivindo.

 

Sería moi interesante e importante que esto o poidérades gravar en vídeo ou en fotos para poder compartilo conmigo, e se vos apetece, co resto de compañeir@s no canal de You tube que temos, e que se chama :  

  " O Canal de Marcelino 4A Nazaret

(os próximos días colgarei máis videos que me estades enviando. Gracias!!)

 

Por outra banda, quixera lembrar o interese que teño tamén en que me enviedes os vosos escritos o luns e venres de todas as semanas de maio (ou se negociades, unha soa redacción á semana...)  para poder contestarvos ao que me escribades, decíndome como vos ides sentindo, que cousas facedes todos os días, que é o momento que máis vos gusta do día, etc ... e así eu tamén contarvos, se queredes, algo do que fago diariamente ou como me sinto eu tamén nalgúns momentos.

 

Respecto ás fichas que algún alumnado está facendo e que puxemos no blogue a mediados de marzo, preferiría que as seguírades gardando e soamente naquelas que teñades dúbidas, mas fagades chegar por correo electrónico.

É evidente que algunhas das cuestións e exercicios que poden aparecer nestas fichas estándar, aínda non foran tratadas na clase, polo que tedes a opción de deixalas sen facer ou investigar como poder facelas.

Se colledes a segunda opción enviádesme un correo e eu enviareivos uns enlaces para que vos axuden a facer esas actividades ou exercicios.

 

Bueno, quédanme máis temas para comentarvos no tinteiro, pero xa os iremos desgranando ao longo destas semanas.

 

Por último, quixera propoñervos como actividade para estes días un xogo no que necesitaredes un dado.

No archivo que vos adxunto aparece unha foto dun cadrado numerado do 1 ao 6, con distintas frases.

Por fóra dese  cadrado aparece escrito : "¿Qué harías si..." e dentro do cadrado aparecen unha serie de opcións en forma de frases.

Tira o dado dúas veces e escolle a túa opción no cadrado-taboleiro (case sempre haberá dúas opcións, por exemplo se sacas no dado un 3 e un 5 o resultado podería ser "Poder cambiar el pasado" ou "Ganar un premio").

 

Podedes facer esta actividade en familia oralmente ou individualmente, por escrito ou gravando un audio ou video coas vosas creativas respostas.

Tamén podedes cambiar algunha das frases e facer o voso propio taboleiro!!

A ver que se vos ocurre!!

 

 

Perdonade pola lonxitude deste artigo...seguimos en contacto, para calquera dúbida ou necesidade que teñades facédemea saber no correo electrónico: juanmpineiro@edu.xunta.es , polo Abalar móvil ou en último caso polo grupo de wassap da clase.

 

Moitas gracias pola vosa lectura e comprensión!!

 

 

Moitas apertas a tod@s!!!

 

Científic@s loc@s??

Ola nenos e nenas e familias:

 

Catro d@s máis reputados científic@s  do mundo, móstrannos algún dos seus experimentos máis recoñecidos!!

Quedaredes coa boca aberta!!wink

 

Este son os enlaces onde os poderedes ver a partir das 21.00h desta noite :

 

 https://www.youtube.com/watch?v=P2fYzevVJLs&t=6s

https://www.youtube.com/watch?v=0IzTMs_fgI8

https://www.youtube.com/watch?v=oLC9m-7gvgM

https://www.youtube.com/watch?v=C60sM9rgsi4  

https://www.youtube.com/watch?v=rvUyKd1B4PA

 

Se coñecedes máis científic@s, enviádenos os seus videos!!

Comprensión lectora e redacións

Ola familias, nenos e nenas :

Moitas grazas por todos os escritos da vosa fin de semana que me estades enviando!!

Gústanme moito, moito, moito  e penso que  estaría xenial que o luns e o venres de cada semana fixerades unha redación na que me contedes, sobretodo, como vos sentides e que cousas facedes, que é o que máis vos gusta facer e o que menos, se estades facendo outro proxecto de investigación, se xogades moito á consola, se sentides algún tipo de medo, angustia, nerviosismo, en algúns momentos.... Todo o que queirades e vos apeteza.....Cun debuxo quen queira, para rematalo.

Nun folio, nunha libreta ou algunha vez tamén no ordenador.

Marcelino e eu estaremos encantados de ler as vosas redacións!!

Como Marcelino ten a vista un pouco delicada e no móbil non ve moi ben, estaría xenial que me enviárades os vosos escritos mellor ao meu e-mail :    juanmpineiro@edu.xunta.es

 

Déixovos tamén, tal e como me pediu algunha familia, un pouco máis de material de L.C., neste caso de Comprensión Lectora Autocorrectora, para que o propio alumnado poida xestionar os seus resultados e melloralos (Competencia Aprender a Aprender) de xeito máis autónomo.

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Comprension_lectora/portada2.html

Eu recoméndovos facer 1 ou 2 lecturas ao día, empezando coas de 3º de primaria que están moi ben tamén.

 

Pero lembrade, que estas soamente son suxerencias miñas, cada familia debe organizarse segundo as súas circunstancias, situación e posibilidades, por iso intentamos dar o maior abanico de posibilidades. (Podedes repasar algunha das actividades propostas os primeiros días)

Aínda así, o mellor será sempre que me comuniquedes persoalmente as dúbidas que vos poidan xurdir respecto a esta forma de traballar. Intentarei, de corazón, adaptarme a cada unha das necesidades e inquedanzas que poidades ter, dentro das miñas posibilidades.

 

Unha aperta coma sempre moi grande para tod@s!!!

 

 

 

 

Pd- Esta noite haberá estreno de videos no canal de you tube ás 21.00h. Non volos perdades!!!

Distribuir contido



by Dr. Radut