Skip to Content

blogue deJuan

Somos creativ@s!

Bos días a tod@s!!

Antes de nada quixésemos darvos un gran aplauso e apertas virtuais pola vosa paciencia nestas case dúas semanas que levamos nas casas...

Sodes @s auténtic@s superheroes e superheroínas de todo isto!!

Moitos ánimos e forzas para continuar!!

 

Para esta fin de semana quixésemosvos propoñer unha actividade creativa para que traballedes esa imaxinación e creatividade que vos desborda.

Para isto sería interesante que visitarades e coñecerades a Victor Nunes e a súa arte, que combina obxectos cotidianos con simples ilustracións, creando imáxenes superchulas e sorprendentes.

Visitade algunhas das súas obras e atrevédevos a crear vós tamén!

 

O enlace para que disfrutedes coas súas imaxes e vos sirvan de inspiración, é : https://www.recreoviral.com/creatividad/representaciones-objetos-cotidianos/

Para todas as marabillosas creacións que fagades, estaría xenial que lle fixerades fotos para despois compartilas.

 

Quixeramos tamén recordarvos que todas as proposicións e actividades que vos facemos chegar son totalmente voluntarias e calquera outras opcións que propoñades ás vosas fillas e fillos serán benvidas tamén.

 

Recordade que, ao mellor nestes momentos, o máis importante non é saturarse a facer fichas e fichas, senón que vaiamos deixando fluir o día a día e vaiamos vendo os mellores momentos para cada cousa que queiramos facer, sen engadir máis preocupacións  ou tensións aos atípicos días que estamos vivindo...

Seguimos en contacto familias!!

Centos de apertas e bicos para tod@s!!

 

 

 

"Curtametraxeamos"

Boas tardes familias!

Propoñémosvos para estes días un enlace para visualizar en familia e no momento que vos consideredes, distintas curtametraxes nas que se expoñen e traballan temas tan importantes coma a amizade, o respecto, o traballo en equipo, a solidariedade, o amor, etc.

É por isto que consideramos moi interesante que poidades estar reunidas para poder visualizar estas curtametraxes (ou outras que coñezades) e posteriormente comentar en grupo as vosas opinións, se vos gustou ou non e porqué, quen era a personaxe ou personaxes principais, que lle sucedía, ... facendo un pequeno debate no que cada unha expoña o que cre que esa curtametraxe quería transmitirnos.

O enlace é:

https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/familias-2/cortometrajes-educar-en-valores/

 

Son máis de 80 curtametraxes, das que recomendariamos por exemplo para comezar:

"Alike" - https://vimeo.com/194276412

"Cuerdas" - http://www.cuerdasshort.com/

"Idiots" - https://vimeo.com/79695097

"El puercoespín" - https://www.youtube.com/watch?v=zmXnl8ICK9A

"Piensa diferente" - https://www.youtube.com/watch?v=NSwXJby5bdI

 

Esperamos que disfrutedes e comentedes en familia as vosas sensacións e experiencias persoais.

Se vos apetece podedes facer por escrito un ranking coas curtametraxes mellor valoradas nas vosas familias.

Ánimo con todo e a intentar aprender algo máis cada día!!

Besotes Enormes Familias!!

 

 

 

 

Cousas e reflexión

Boas tardes a tod@s!!

Quixeramos seguir propoñéndovos máis cousiñas para estes días :

https://www.rtve.es/infantil/      Unha iniciativa do Ministerio de Educación xunto con RTVE no que se traballan diariamente diferentes materias e asignaturas. O horario para o alumnado de 6 a 12 anos é dende as 9 h ata as 12 h da mañá.

 

https://es.santillanago.com/es/archivos/archivos/ESBP000000088/archivos/20120702111824445.pdf

 Material para traballar a Lingua Castelá. Sería interesante traballar 1 ou 2 fichas diariamente (xunto coas de mate e Lingua Galega que xa vos propuximos estes días pasados)

Xa por último, gustaríame compartir este enlace (sobretodo coas nais e pais) :

 http://xtobal-educacioninfantil.blogspot.com/    

pois paréceme moi interesante a reflexión que o autor fai da actual situación no mundo da Educación.

 

Recordade que calquera suxerencia ou ideas que teñades podedes compartila por aquí ou enviala a : juanmpineiro@edu.xunta.es

Coma sempre, moito ánimo con todo e moitas apertas virtuais!!

Boas noites e fin de semana

Boas noites familias!!

Para esta fin de semana propoñémosvos algunhas opcións de traballo :

 

https://es.santillanago.com/es/archivos/archivos/ESBP000000109/archivos/20120725125816443.pdf

* Poemas en Lingua Galega. Escolle o que máis che guste, cópiao, fai un debuxo e explica porqué é o poema que máis che gusta.

 

https://es.santillanago.com/es/archivos/archivos/ESBP000000109/archivos/20120725130138403.pdf      

*  Material para traballar a gramática en Lingua Galega. Interesante facer 1 ou 2 páxinas a diario (xunto coas de mate :)

 

* Escollede dúas destas 3 tarefas :

1- Debuxar retratos - (ver número 13*),

2- Gravar un programa de radio - (ver número 14*)  e/ou

3- Dobrar unha peli -(ver número 15 *)  

das  * "70 ideas fáciles para jugar dentro de casa" que  vos propuxemos  na entrada do blogue do luns 16.

Facede algún debuxo, audio, video e/ou fotografía de cada unha das actividades que fagas.

 

Coma sempre, moito ánimo e apertas dixitais para tod@s!!

Máis suxerencias

Ola familias!!

Outras propostas para estes días serían as seguintes :

https://es.santillanago.com/es/archivos/archivos/ESBP000000089/archivos/20120702113657184.pdf     Matemáticas, enviadas por Santillana, cos contidos xerais de 4º. Interesante facer unha ou dúas ao día.

https://www.youtube.com/playlist?list=PLdxUKi3Edf8TaXNhm8c6oJX7kVeawaA5b   Meditacións e relaxacións de Yolanda Calvo tan necesarias para estes días (tanto para maiores coma pequen@s)

Tamén quixera comentarvos que podedes facer os vosos propios proxectos de investigación (en lapbooks ou en outros formatos) respecto a temas que consideredes interesantes, para expoñer aos vos@s compis á volta destes días. Eu propóñovos algúns temas para investigar:

O corpo humano, os sentidos e o seu funcionamento.

Plantas, animais ou rochas.

O sistema solar, planetas.

O medioambiente, a reciclaxe. a contaminación e o cambio climático.

A Antiga Gracia, Exipto ou Roma.

Etc.

Recordade que antes de empezar co proxecto, debedes escribir as cousas que xa sabedes dese tema e posteriormente as cousas que vos gustaría aprender (por exemplo, se queredes investigar sobre a Antiga Grecia, primeiro escribide o que saibades e logo os puntos que queredes investigar: como vestían, como eran as súas vivendas, que comían, inventos, personaxes importantes, datos curiosos,...)

 

Para calquera dúbida/suxerencia facedeo saber nos comentarios ou enviandoos ao correo electrónico :

juanmpineiro@edu.xunta.es

 

Moitos ánimos e apertas para tod@s!!

Suxerencias

Ola familias!!

Dúas suxerencias máis:

 https://www.mclibre.org/consultar/primaria/copia2/index.php?language=gl_ES    Para practicar a caligrafía coas vosas propìas creacións.

https://cuentosparadormir.com/                                                                               Contos con valores para ler/escoitar.

Dentro das 70 opcións propostas para facer en casa que vos propuximos onte, sería moi interesante que vos atrevésedes cos números 24- Escribir un diario, 32- Debuxar un cómic ou o número 34- Escribir unha carta

Seguro que faredes cousas superinteresantes!

Animádevos!!

Primeiras webs

https://www.mundoprimaria.com/                 Moita variedade de contidos. Ide investigando as súas posibilidades.

https://www.epasatiempos.es/                     Sopa de letras, sudokus, laberintos,...

http://www.aprendiendoortografia.com/       Normas ortográficas para coñecer e repasar.

https://www.tablasdemultiplicar.com/           Xogando coas táboas de multiplicar.

https://vedoque.com/                                   Gran variedade de xogos educativos.

Cooperamos dende casa

Estimadas familias de 4º:

Como xa sabedes estaremos uns cantos días en casa e poderiamos aproveitar este tempo hogareño para, entre outras moitas cousas, repasar ou avanzar en certos contidos curriculares que consideramos interesantes suxerirvos e que publicaremos estes días en diferentes links.

Por suposto, estamos desexando escoitar tamén as vosas suxerencias e propostas!!

Moito ánimo con todo familias!!

Distribuir contido



by Dr. Radut