Skip to Content

ARTE

O DÍA DO LIBRO

Chegou o día 23 de abril, un día moi importante xa que celébrase O Día do Libro, eses

pequenos recunchos que permítennos voar, imaxinar, aprender e vivir moitas aventuras

grazas ás historias que enchen as súas páxinas. 

Por isto, todo o cole creou o libro "Chispín vai de Arte en Arte para

emocionarte". Un libro que ten 9 capítulos e que foi creado polos 9 niveis que ten

o cole, dende os máis pequenos ata os máis maiores. Nel Chispín vai percorrendo as

distintas modalidades da arte, descubrindo moitas cousas sobre elas.

DÍA DA ARTE

Este ano, a arte esta moi presente en todas as actividades que facemos no centro, e

polo tanto, non podíamos deixar de celebrar O Día da Arte, que conmemórase o

día 15 de abril. A actividade que propuxemos para isto foi unha homenaxe a Leonardo

Da Vinci cunha actividade conxunta coa que creouse unha obra de arte

sorpresa. A cada grupo proporcionóuselle un anaco de papel que debían completar,

escribindo dunha cor específica, con citas relacionadas coa arte. Cando todas as

clases o fixeron, ó unir as distintas partes quedou esta fermosa obra de arte cos

alumnos descubriron ó entrar á biblioteca.

 

                

 

SEMANA DA PRENSA

A semana do 1 ó 15 de marzo celebramos a semana da prensa no cole. A actividade

que propuxemos dende a biblioteca foi a búsqueda de noticias relacionadas coa

arte na prensa, xa que este ano é o proxecto do centro. Nesta semana todos os

nenos traballaron na súa aula debatindo, falando e expoñendo a importancia que a

prensa lle dá á arte.

VISITA A UN MUSEO III

E hoxe temos aquí outro cadro más recreado por Aroa, este cadro titúlase "Muller tocando a guitarra" tamén do pintor holandés Vermmer.

E fixádevos que Aroa tamén tamén puso ao carón da cama unha pila de libros coma fixo Vermmer no seu cadro.

GRAZAS AROA!

EXPERIMENTAMOS.

FACEMOS ARTE CON POMPAS DE XABÓN DE CORES.

Distribuir contido



by Dr. Radut