O PAPAGAIO
Enviado por Amparo o Dom, 07/06/2020 - 09:57
"O PAPAGAIO" DO MES DE XUÑO.
O XORNAL PARA NENOS E NENAS, QUE TEMOS NA BIBLIOTECA NO DÍA A DÍA.
O PAPAGAIO é un xornal para a xente miúda, impreso en papel reciclado e a cor. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual, e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura...
Os contidos das seccións están supervisados por especialistas na materia e ilustrados por diferentes
autores e autoras.
O obxectivo do xornal é que as nenas e nenos se interesen pola ciencia, a ecoloxía, a historia ou a arte, entre outras, dunha forma amena e divertida.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PAPAGAIO9 WEB-XUÑO 2020.pdf | 9.35 MB |