PROPOSTA DE TRABALLO PARA SEMANA DO 1 AO 7 DE XUÑO: MALABARES
Bo día, unha semana máis (ou menos, depende como se mire ),
Esta semana propoñémosvos MALABARES. Así descansamos un pouco dos deportes.
Durante o curso fixemos algunha cousiña relacionada con actividades circenses, como foron os zancos (de bote e os largos de pau), e algo de coordinación, (como saltar á corda, que podedes seguir practicando), por exemplo.
Agora imos traballar un pouco coas mans.
IMPORTANTE PARA OS MALABARES, NON RENDIRSE e PRACTICAR MOITO (pero non todo o mesmo día, senón, todos os días). Parécese un pouco a aprender a leer, ao principio costa moito e non sae, pero pouco a pouco vaise conseguindo.
Os videos desta vez son un pouco longos, pero merece a pena velos enteiros antes de comezar a traballar. Son dunha mestra de EF, e están moi ben.
Ánimo!!!
PRIMEIRO CON PANOS
Progresión con panos ou bolsas plásticas
Se non temos panos lixeiros, que caen lentamente, podemos utilizar bolsas plásticas do super
Nivel experto. Agora comenza o difícil, con tres bolsas.
SEGUNDO PELOTAS PEQUENAS
Pasamos a pelotas
Imos necesitar pelotas pequenas e un pouco pesadas. As de tenis poden servir, pero vannos quedar un pouco grandes.
Déixovos un vídeo dunha manualidade de como facer unhas bolas de malabares con arroz e uns globos.
A progresión ou os pasos a seguir estarían nestes vídeos
A cousa complícase.
Nesta familia de distintas idades, están todos a traballar xuntos.
Nada máis, ánimo e a practicar!!
O longo desta semana subiremos as fotos é videos que nos ides enviando co voso traballo.
PARABÉNS A TODOS/AS POLO TRABALLO QUE ESTADES A FACER.!!