Ola novamente, esta semana rematamos có Atletismo.
Imos ver pois a última disciplina que son os lanzamentos.
A modo de anécdota debedes saber que os lanzadores son os deportistas mais rápidos, pois deben facer que un obxecto alcance a máxima velocidade nun espazo moi pequeno e no menor tempo. Para facelo teñen que utilizar todos os músculos do seu corpo, pernas e brazos.
IMPORTANTE.- MEDIDAS DE SEGURIDADE
Antes de comezar hai que saber que si queremos practicar lanzamentos debemos facelo con seguridade, non queremos darlle a ninguén co obxecto que lancemos.
- Así que debemos escoller un lugar axeitado e seguro. Amplo e por onde non pase ninguén, nin tampouco onde podamos romper nada.
- A segunda medida é nunca poñerse diante do lanzador, ou na dirección do sentido de lanzamento. Sempre imos poñernos detrás.
- Nunca perder a visión sobre lanzador nin o obxecto lanzado.
- Ter claro que nos lanzamentos buscamos a maior distancia non a puntería.
- O artefacto para o lanzamento non terá punta. Utilizaremos basicamente balóns, ou pelotas de pequeno tamaño.
- Antes de empezar debemos saber cal é o noso brazo dominante. Con que extremidade lanzamos mais lonxe ou estamos mais cómodos para lanzar.
- Para que non exista descompensación entre extremidades, faremos os mesmos exercicios con ambos brazos.
Lanzamentos. Explicación xeral
PESO
Explicación e reglamento
Cómo facer un balón lastrado?
Para os lanzamentos de peso utilizaremos un balón lastrado.
PESO MÁXIMO DE 600 gr MEDIDOS CUNHA BÁSCULA, e para facer exercicios de asimilación non lanzamentos.
No seguinte vídeo podedes ver como facer un “balón medicinal” caseiro feito cunha pelota vella.
Execicios o peso.
XABALINA
Para este lanzamento imos utilizar pelotas de tenis.Non teñen porque estar lastradas (con area dentro).
O que buscamos é o xesto de lanzamento.
Para practicar a carreira, podemos utilizar un pau de escoba ou pica de madeira.
VORTEX
Para practicar xabalina con seguridade, podemos fabricar un vortex, que é un elemento que se utiliza para iniciarse neste lanzamento.
Exercicios
Antes podíase lanzar xabalina doutro xeito. O mellor lanzador e record mundial nese estilo era un español, Miguel de la Cuadra Salcedo. Se queredes investigar un pouco, buscade información sobre este estilo, que se prohibiu porque era moi perigoso.
DISCO
Tanto no disco como no martelo, os lanzamentos fanse dentro dunha “xaula” cunha rede de protección e con unha única zona de saída do artefacto. Dentro da xaula soamente pode estar o lanzador
Para estes lanzamentos necesitamos unha instalación apropiada. Así que non fagades lanzamentos, pero si podedes facer os exercicios de asimilación.
Para practicar podemos utilizar un disco de frisbee ou un prato de plástico duro.
MARTELO
Nesta proba ata fai poucos anos non podian participar as mulleres.
Animo!! Seguide a facer exercicio, e mandarnos as vosas actividades para que poidamos valoralas e subilas ao noso blog.
Nesta semana seguimos coa proposta de Atletismo, desta vez cambiamos para os saltos. Como é unha disciplina que para ser traballada con seguiridade require unha serie de material específico; imos a vela un pouco "polo aire".
Propostas:
- Así que as propostas de actividedes van a estar dirixidas ao traballo nun areal, o ideal sería facelo en calqueira das praias do Concello. . Vos animamos a que practiquedes saltos e caídas na area. Para o quecemento podedes repasar algúns dos xogos que fixemos de loita, (por exemplo, dar a volta a tortilla, pelexa de galos, duelo de lagartijas...)
- Outra das actividades desta semana é Matemática,. Non vos preocupades. Trátase de coller un metro e medir as lonxitudes dos records do mundo. Ides alucinar co que foron capaces de saltar estas superMulleres e superHomes.
Arrancamos!!!
SALTO DE LONXITUDE
Estes son uns poucos exercicios que podedes facer.
RECORD MUNDO
Collede un metro e marcade no chan estas lonxitudes.
É alucinante. Vos imaxinades como tiveron que "voar" para saltar estes metros?
Hombres 8,95 m Mike Powell (1991)
Mujeres 7,52 m Galina Chistiakova (1988)
Podedes calcular cantos anos pasaron dende que conseguiron estes records. Aínda ninguen foi capaz de superalos!!!!
TRIPLE SALTO
Unha das mellores saltadoras de triple do mundo é galega, chamase Ana Peleteiro. A semana pasada, co galo das Letras Galegas vos deixamos un video dela.
Aínda que está en italiano, soamente tedes que intentar facer algún destes exercicios.
Agora os records do mundo.
O pasillo de casa non chega para medir estas lonxitudes , ides ter que sair a rúa.
Hombres 18,43 m Jonathan Edwards (1995)
Mujeres 15,50 m Inessa Kravets (1995)
Seguen a ser records do século pasado.
SALTO DE ALTURA
Non sempre se saltou de costas e nunha colchoneta. Antes o salto de altura facíase doutra forma, (tedes que investigar , e buscar como saltaban antes)
Este sistema de saltar de costas, empezou a facelo un atleta chamado Dick Fosbury, e quedoulle o seu nome a este estilo. "Fosbury"
IMPORTANTE NA CASA NON PRACTICAR, PORQUE PODEMOS MARCARNOS.
Explicación de las fases do estilo Fosbury
Par facer salto de altura necesitaríamos moitos elementos para facer exercicios con seguridade.
Pero cun pouco de un pouco de imaxinación podemos traballar na casa (tede coidado)
Records do mundo
Para medir imos ter que utilizar unha parede e unha escaleira. Que barbaridad!!!
Hombres 2,45 Javier Sotomayor (Salamanca, 1993)
Mujeres 2,09 Stefka Kostadinova (1987)
Seguen a ser marcas de fai moitos anos.
SALTO CON PÉRTIGA ou GARROCHA.
Este salto no o imos traballar.
Soamente é para que saibades que existe. Se nunca vistedes unha competición de pértiga vos invito a que o fagades algunha vez. É expectacular. Parece increible que poidan alcanzar esas alturas.
Deixovos os tres mellores saltos masculinos de todos os tempos.
O último record do mundo foi superado poco antes del confinamiento en 2020. Son records de este século
O atleta sueco Armand Duplantis salta 6.17 metros e supera nun centrimetro a marca lograda polo francés Renaud Lavillenie en 2014.
O salto con pértiga femenino non existía ata fai poucos anos, empezouse a competir ao redor do ano 2000
Record mundo femenino
Yelena Isinbáyeva 5,06 (2009)
Animámosvos a seguir prácticando calqueira deporte e a facer exercicio. Seguide a facernos chegar as vosas fotos
Como estamos a tratar o Atletismo, e en Galicia temos a unha MULLER das MELLORES atletas do MUNDO no triple salto, Campiona do mundo Sub-20, e actual Capiona de Europa en pista cuberta.
Se o mesturamos todo con esta semana na que imos celebrar as Letras Galegas, pois podemos ter algo tan bonito como isto.