PROPOSTA DE TRABALLO DO 25 AO 31 DE MAIO para Educación Física. ATLETISMO IV (LANZAMENTOS)
SAÚDOS!!!!!!
Como todos os luns xa temos a propostas de actividade desta semana no blog de Educación Física do Cole.
Esta semana rematamos có Atletismo, e a última proposta son os lanzamentos.
Tende coidado non romper nada. Como lugar para practicar, voltamos a propoñer os areais das praias,
PERO CON MOITO COIDADO QUE HAI MOITA XENTE PASEANDO.!!!
Recordade que o deporte é sempre inclusivo. O Atletismo, como outros moitos deportes, está adaptado para todo o mundo.
"A única discapacidade na vida é unha mala actitude" Scott Hamilton