Nesta semana seguimos coa proposta de Atletismo, desta vez coas disciplinas de velocidade e vallas.
Algúns dos compañeiros/as estanos a facer chegar vídeos ou fotos facendo algunha das actividades que propoñemos, pouco a pouco iremos subíndoas ao blog.
Para as sesións desta semana, iniciade cunha carreira suave, se pode ser en compañía dalgún familiar da casa mellor, (irmán, papá, mamá... ) e despois os estiramentos e movilidade articular da semana pasada.
Para a mellora da carreira hai moitos exercicios, estes que propón Paloma, son moi básicos. Ao final do vídeo hai sorpresa.
Ánimo
Para o traballo da coordinación e velocidade, podedes facer algúns de estes exercicios moi sinxelos. Soamente tedes que marcar unhas liñas no chan.
Estes xa son mais difíciles , pero de seguro que os sodes capaces de facer, Non fai falla ter unha escaleira, podemos utilizar as baldosas do chan como referencia. No final do video tedes unha pautas para realizar estes exercicios.
Nas carreiras de velocidade, a saída, faise dende unha posición baixa. Estes exercicios traballan este tipo de saída.
A velocidade de reacción, é moi importante nos velocistas. En clase xogabamos a "Pepas e pepes", para pillar o compañeiro/a. Outros exercicios para traballar a velocidade de reacción poden ser estes.
As vallas, forman parte das carreiras de velocidade en pista. As vallas están preparadas para cair no sentido da carreira, e non para tropezar con elas. Non poñer obstaculos para practicar vallas, porque pode ser perigoso.
Este video ten un exercicios moi simples para vallas. Podedes practicar a primeira parte, actividades sen vallas.
Como sempre animámosvos a poñer en práctica estas propostas e que nos mandedes os vosos vídeo ou fotos.
Esta semana que xa recuperamos as saídas pola rúa, imos tentar volver algunhas das cousas que tiñamos que dar no Cole.
Recordade que este ano era olímpico, e un dos deportes mais importantes dos Xogos é o Atletismo.
Pero como ides ver o Atletismo é una disciplina moi ampla. Así que imos a dividila para poder dala ao longo de varias semanas
Estas primeiras semanas darémonos a carreiras e marcha atlética.
Atentas e atentos os vídeos e aos traballos voluntarios que podedes entregar se queredes mellorar. (están na parte final desta entrada no Blog)
INTRODUCCION
Para abrir boca
QUECEMENTO
Parte fundamental para practicar calquera deporte
MARCHA ATLÉTICA.
Importante na marcha atlética, como na vida, ter sempre un pe no chan .
EXERCICIOS PARA TÉCNICA DE MARCHA
Para realizar estes exercicios temos que coller unha liña recta e camiñar sobre ela. Aínda co vídeo ten unha parte persoal da nena,atendede aos exercicios
.
ESTIRAMIENTOS
Para rematar sempre hai que dedicarlle un tempo aos estiramentos .
.
INSTALACIÓNS NO ENTORNO
Pista de Atletismo do Concello de Cangas,
Sabedes que preto do Colexio temos unha pista de atletismo
Ademais hai varios clubes de Atletismo que de seguro nos reciben con brazos abertos se queremos practicar este deporte, cando se poida de novo.
PROPOSTA DE TRABALLO.
Agora toca traballar o que aprendemos.
Pois ben, o traballo voluntario é que nos fagades chegar aos nosos correos (Profe Duarte ou Jose Manuel) fotos ou vídeos vosos de Atletismo. Correndo, facendo algúns dos exercicios que están lo blogue ou outros.
Tamén podedes mandarnos, se gañastedes algunha medalla nunha carreira, a vosa foto xunto cunha breve explicación de como a conseguiches, que tipo de carreira era, onde, etc
Se estades nalgún clube de atletismo, tamén podedes poñervos a camiseta de competición e mandarnos a vosa foto.
Déixovos unha lizagón a unha páxina web onde podedes atopar moitos recursos para Ed Infantil, entre eles ides atopar moitos xogos para facer coas nenas e nenos mais noviñas/os do noso cole.
Por fin xa podemos saír un pouquiño a rúa, e témolo que aproveitar, se o tempo o permite.
Deixo unhas propostas de xogos populares, para que xoguedes. Hai que practicar que o próximo mes son as Letras Galegas.
Recordar normas que aínda temos que cumplir, como poden ser... distancia social entre persoas, non compartir os xoguetes con outros compañeiros/as, xogar coas persoas do ambito familiar, etc.
Aproveitar o pouco tempo que temos para poder xogar na rúa,
E moito ánimo.
Chapas
Podemos usar calqueira tipo de tapón que teñamos por casa dalgunha botella. Incluso decoralas pola parte interior.
A mariola, tejo, La rayuela.
Ten moitos nomes dependendo do lugar onde se xogue, soamente necesitamos algo para pintar no chan e una pedra para lanzala.
Tres en raia.
O video amosa como facer un taboeiro, pero non ten porque ser tan sofisticado, cun pouco de imaxinación tamén serve calqueira outro tapete.
A este xogábamos, , e voltaremos a xogar
Ra
Como no anterior deixovos unha das multiples formas que hai de fabricar unha ra caseira para poder xogar.
Bolas, canicas
Entramos nos xogos que fai falla material para xogar, pero son moi divertidos e seguro que no faiado, trasteiro dalgún avo atopamos canicas.
Bolos
Xogo de toda a vida, como na ra, un dos múltiples videos onde podedes ver como facer unha bolos caseiros.
Saltar a corda
O de saltar a comba é de repaso para moitos de vos,
Trompo, (peonza)
Xa non estamos no San Martiño, pero podemos xogar igual.
Xogo do aro
Antiguamente xogábase con aros tos toneis de viño, agora xa é dificil conseguilos. E un xogo tradicional, que é imprescindible coñecer .
Tedes moitas propostas, agora sodes vos que elixe e xoga.
A proposta que vos deixamos é moi doada. Imos facer unha indiaca ou peteca, e despois uns exemplos de exercicios moi sinxelos para poder xogar con ela.
Se non tedes material para facer a indiaca, podemos sustituila por una bola de calcetins a que lle cosemos ou atamos unhas cintas feitas con bolsas plásticas.
Usamos un pouco a imaxinación e aproveitamos o que temos o noso redor.
Agora deixovos este video, dun profe arxentino co seu fillo, para poder xogar coa vosa indiaca.
Moi importante as medidas de seguridade:
- Espazo amplo para non tropezar e levar golpes
- Un lugar onde a indiaca non poda tirar nada.
- E quendar ben as articulacións antes de poñerse en marcha.
Gustaríanos moito, que nos mandásedes fotos das vosas indiacas e videos de como xogades con elas para podelos publicar.
Facédeo a través dos comentarios no blog, que despois de revisalos iremos publicando.
Como xa sabedes, este ano estabamos a tratar os Xogos Olímpicos, así que imos aprender un pouco sobre as antigas olimpiadas que se celebraban en Grecia.
Ver este vídeo, e estade atentos, porque vaise parar e vos fará unha pregunta. Escollede soamente unha resposta. Ánimo campionas e campións!