Skip to Content

Educación Física

XVI edición de la carrera escolar "Kilómetros de Solidaridad" de Save the Children

  Este curso vamos a participar en la XVI edición de la carrera escolar Kilómetros de Solidaridad de Save the Children. Será una sesión de Educación Física con valor solidario.

Todas las familias pueden hacer una aportación económica (la cantidad que deseen), de forma totalmente voluntaria y anónima. Esta aportación será entregada al profesor de Educación Física.

La recaudación será ingresada por el colegio directamente a Save the Children.

 Carrera:

-  Día, jueves 30 de enero (“Día de La Paz”). ¡Si el tiempo nos lo permite!

-  En caso de lluvia, se aplazará y comunicaremos la nueva fecha con antelación.

-  Se trata de disfrutar, sin prisa y sin ganadores/as.

-  Pueden participar los familiares que lo deseen.

-  También participaremos varios profesores/as.

-  Cada corredor/a recibirá un dorsal y un diploma en agradecimiento por su participación.

 

EXPOSICIÓN SOBRE OS TROMPOS

Con motivo do Concurso Intercentros de Trompos, e como xa é tradición, tamén celebramos unha mostra itinerante de manualidades, debuxos e fotografía, relacionados cos trompos.

As obras foron feitas por alumnos/as de todos os centros de ensino do Concello de Sanxenxo.

Esta mostra foi rotando polos colexios participantes (dende o 07/11/2019 ata o 29/11/2019), e no noso centro estivo do 20/11/2019 ao 22/11/2019.

XXVI CONCURSO INTERCENTROS DE TROMPOS

O pasado 29 de novembro de 2019 celebramos a XXVI edición do Concurso Intercentros de Trompos.

Este ano a organización correspondeulle ao C.E.I.P. de Noalla-Telleiro.

Foi unha xornada lúdica moi divertida e socializadora.

Vaia dende aquí o noso agradecemento ao Colexio de Noalla pola boa organización e excelente trato. 

Plan Proxecta 2019/2020

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Durante o curso 2019-2020 decidimos seguir participando no Proxecto Deportivo de Centro do Plan Proxecta centrándonos na modalidade XOGADE como se viña facendo anteriormente. Polo tanto, tentaremos promover hábitos saudables a través do deporte e da actividade fisica.

Como dixemos, a nosa acción estará centrada arredor da modalidade XOGADE. Pretendemos que a actividade física chegue a ser un hábíto na maioría dos nosos alumnos e das nosas alumnas. Polo tanto, entendemos que para acadalo debemos comezar fomentándoo dende a escola. Este proxecto estará moi ligado á modalidade do Plan Proxecta "Aliméntate Ben", que tamén se realizará no centro. 

As actividades de XOGADE realizaranse en coordinación con outros centros da contorna que tamén participan neste proxecto para o presente curso e consistirán na práctica deportiva entre os alumnos e as alumnas dos diferentes centros.

Ademais, ampliaremos o noso plan de acción fomentando hábitos de alimentación axeltados, axudando a dinamizar os tempos de lecer para un mellor aproveitamento e incidindo nos aspectos da socialización e da inclusión a través da práctica deportiva e da actividade física.

Entendendo que a práctica deportiva é moito máis que simplemente "xogar a algo", realizaremos actividades encamiñadas a tentar diminuír o nivel de sedentarísmo dos nosos alumnos e das nosas alumnas. Trataremos sempre de que o alumnado sexa partícipe e protagonista de todas as actividades, para que as poida valorar e interiorizar como súas, e deste xeito avanzar cara unha autonomía e iniciativa persoal que faga que nun futuro sexan quen de planificar e organizar o seu tempo de lecer, os seus hábitos e, en xeral, o seu estilo de vida de xeito activo e saudable.

As competencias clave estarán moi presentes durante a organización e avaliación do proxecto xa que consideramos que coa realización destas tarefas debemos axudar ó seu traballo e desenvolvemento de xeito interdisciplinario.

Si ben é certo, como dixemos, que a práctica deportiva é máis que "xogar a algo", tamén é certo que ese "xogar" é o núcleo fundamental e o compoñente básico.

Resulta paradóxico falar dun "Proxecto Deportivo de Centro" nun colexio que non conta con espacios axeitados para a práctica deportiva, nin no exterior nin no interior. Ésto non sólo afecta os xogos e deportes, sinón tamén á propia Educación Física no día a día.

Sin esa práctica lúdico-deportiva e sin os medios axeitados para levala a efecto, estaríamos plantexando "preciosas" teóricas declaracións de intencións. Pero, como todos estes anos atrás, neste colexio intentaremos facer todo o que poidamos, adaptándonos ós medios cos que contamos e intentando sacarlles o maior partido.

 

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO 2018 / 2019

Durante o curso 2018-2019, decidimos seguir participando no Proxecto Deportivo de Centro do Plan Proxecta. Centrándonos na modalidade XOGADE como se viña facendo anteriormente. Polo tanto, tentaremos promover hábitos saudables a través do deporte e da actividade física.

Pretendemos que a actividade física chegue a ser un hábito nos alumnos e alumnas. Entendendo que a práctica deportiva é moito máis que simplemente “xogar a algo”, realizaremos actividades encamiñadas a tentar diminuír o nivel de sedentarismo dos nosos alumnos e das nosas alumnas. Tratando sempre de que o alumnado sexa partícipe e protagonista de todas as actividades para que as poida valorar e interiorizar como súas, e deste xeito avanzar cara unha autonomía e iniciativa persoal que faga que nun futuro sexan quen de planificar e organizar o seu tempo de lecer, os seus hábitos e, en xeral, o seu estilo de vida de xeito activo e saudable.

Para seguir e coñecer as actividades que vaiamos realizando, podedes consultar a nosa conta de Instagram para este proxecto!

https://www.instagram.com/nantesan_

 

 

NANTES ACTIVO E SAUDABLE 2017 / 2018

Durante o curso 2017-2018, decidimos seguir participando no Proxecto Deportivo de Centro do Plan Proxecta. Centrándonos na modalidade XOGADE como se viña facendo anteriormente. Polo tanto, tentaremos promover hábitos saudables a través do deporte e da actividade física.

Pretendemos que a actividade física chegue a ser un hábito nos alumnos e alumnas. Entendemos que para acadalo debemos comezar fomentándoo dende a escola. As actividades de XOGADE realizaranse en coordinación con outros centros da contorna que tamén participan neste proxecto para o presente curso e consistirán na práctica deportiva entre os alumnos e alumnas dos diferentes centros.

Ademais, ampliaremos o noso plan de acción fomentando hábitos de alimentación axeitados, empregando as novas tecnoloxías para a motivación e o fomento do deporte, axudando a dinamizar os tempos de lecer para un mellor aproveitamento e incidindo nos aspectos da socialización e da inclusión a través da práctica deportiva e da actividade física.

Para seguir e coñecer as actividades que vaiamos realizando, podedes consultar o noso blog para este proxecto!

https://nantesactivo.blogspot.com.es/

 

CLASE DE KICK BOXING

Luns 27 de abril de 2015

Antes de rematar o mes, todo o alumnado de Educación Primaria recibiu unha clase práctica de kick boxing, un deporte de contacto de orixe xaponés no que se mesturan as técnicas do boxeo coas de algunhas artes marciais.

Ensináronos o equipamento necesario, as posicións principais dos brazos e das pernas, as regras e algunhas das modalidades.

Resultou unha interesante alternativa deportiva!!!

(Clicade na fotografía para acceder á galería)

 

CLASE PRÁCTICA DE BILLARDA

Este curso estamos a realizar moitas actividades no centro. Unha das últimas foi unha clase práctica de billarda dirixida ao nen@s de 2.º a 6.º de Primaria.

O seu obxectivo era dar a coñecer e formentar os xogos tradicionais entre o alumnado.

Como todo xogo ou deporte, a billarda ten as súas regras e non foi tan doado como parecía nun principio.

 

Clicade na fotografía para acceder á galería e ver todo o desenvolvemento da actividade:

 

SESIÓN DE FÚTBOL SALA NO 1.º CICLO

O pasado martes 8 de abril, os alumnos/as do 1.º ciclo pasámolo en grande participando nunha clase práctica de fútbol sala.

Tratáse dunha actividade proposta pola Escola Deportiva de Portonovo que ten como finalidade dar a coñecer o fútbol sala e fomentar a actividade física entre os máis cativos.

Foi unha xornada xenial na que xuntos aprendemos un novo deporte!!!

Clica na foto se queres acceder á galería:

Distribuir contido


by Dr. Radut