Xaneiro 2017
Co mural deste mes queremos coñecer cales son as vosas cores favoritas.
É moi sinxelo:
- Pinta unha mancha da túa cor favorita.
- Pega as letras para formar o nome da cor en inglés.
- Escribe debaixo o teu nome e curso.
Na caixa atoparás todo o material necesario.
Animádevos a participar!