Skip to Content

6.º TESOURO ATOPADO

Luns 16 de xaneiro de 2017

Xa temos gañador da 6.ª busca do tesouro!!!

Unha vez máis Rodrigo de 4.º de Primaria foi o "pirata" máis rápido.

Rodrigo seguiu todas as pistas ata dar co libro ao que facían referencia e atopar dentro del o cofre do tesouro, que o conduciron ao seu merecido premio.

PARABÉNS POLA TÚA FANTÁSTICA BUSCA!!!

 

SOLUCIÓN DAS PISTAS DADAS:

Pista Nº 1: 32 páxinas.

Pista Nº 2: Trátase da cidade de Génova.

Pista Nº 3: Bandeira e escudo de Génova.

Pista Nº 4: O seu pai era tecedor de la, pero o noso protagonista non quixo seguir a tradición familiar.

Pista Nº 5: Os seus libros favoritos eran a Biblia e o "Libro das marabillas" de Marco Polo.

Pista Nº 6: Traballou en Lisboa como libreiro e era moi bo debuxante.

Pista Nº 7: Casouse e tivo un fillo chamado Diego, pero cando o cativo tiña 4 anos a súa nai morreu.

Pista Nº 8: Nunha dura viaxe, o noso protagonista foi o único sobrevivente.

Pista Nº 9: En Córdoba tivo o seu segundo fillo, chamado Hernando.

Pista Nº 10: Non se sabe con certeza se Colón era xudeu ou non, pero coa chegada da Inquisición Española emigrou.

Pista Nº 11: Na súa primeira gran aventura estivo acompañado por 99 homes e ningunha muller.

Pista Nº 12: Nas súas aventuras o noso protagonista sempre elaboraba un minucioso diario de viaxe, onde anotaba todo, incluíndo datos e coordenadas xeográficas.

Agardámosvos na 7.ª busca do tesouro!!!

 



paxina | by Dr. Radut