Skip to Content

OBRADOIROS DO PROGRAMA "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

Mércores, 5 de outubro de 2016

OBRADOIROS "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

       

        Sabedes quen estivo no noso colexio o pasado mércores 5 de outubro?

      ....A cuadrilla dos Arroases. Sorriso Sí, sí como volo conto!!

           

     Viñeron cunha importante misión: compartir os seus superpoderes con todos os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Nantes. Risa

         

       Pero non viñeron sós! Trouxeron tres curiosos axudantes:

         

                                                  Luís, o pescador

           

                                    Mariña, a cociñeira

                        

   ...e Balbina, a científica que falaba galego con acento francés. 

      Con Luís, Mariña e Balbina aprendemos moito sobre os especiais superpoderes de cada un dos nosos amigos Arroases: Pescada, Mexilón, Rodaballo, Troita, Sardiña, Lirio e Xurelo.

     Queres ter superpoderes coma eles? Pois xa sabes... se consumes moito peixe fresco e produtos do mar obterás todo o que precisas para ter algúns dos poderes que eles teñen.

   

        Ao final do Obradoiro déronnos moitos agasallos (contos dos Arroases, pegatinas de cada un deles, gorras, etc.) e fixémonos unha foto con eles.

(Na foto que veredes a continuación non estamos todos porque para participar nas actividades deste Obradoiro de O sabor da aventura está no mar tivemos que repartirnos en dous grupos).

      (Preme nesta fotografía para acceder á galería)

Nos días posteriores á visita dos Arroases, a maioría de nós, non todos os alumnos e alumnas, pero case, case todos, asinamos un Compromiso cos Arroases polo cal nos comprometemos a comer máis peixe e produtos frescos do mar (con máis frecuencia) e a difundir entre as nosas familias, amigos e coñecidos o bo que é para a nosa saúde incluír estes produtos nos nosos hábitos alimentarios.

Proximamente poderedes ver exposto no noso colexio o documento asinado. 

 



paxina | by Dr. Radut