Skip to Content

ACTO NO PARLAMENTO DE GALICIA

Venres 3 de xuño de 2016

Os alumnos/as de Educación Primaria tivemos a gran sorte de asistir a un Pleno no Parlamento de Galicia. Estaba organizado en colaboración coa ONG Plan International, no marco da súa campaña global en defensa dos dereitos das nenas.

A movemento "Girl4President" nace co obxectivo de aumentar a concienciación sobre a discriminación e violencia que sofren as nenas e implicar aos líderes políticos mundiais nesta loita.

Desde os escaños do Salón de Plenos, escoitamos a intervención do Presidente de Parlamento, Don Miguel Ángel Santalices Vieira; dos representantes dos grupos parlamentarios; da Directora de Plan International, Dona Concha López; do Presidente da Xunta de Galicia, Don Alberto Núñez Feijóo; e da nosa compañeira Laura de 6.º curso, que leu un fantástico discurso de forma excepcional.

Ao rematar fixemos unha foto nas escaleiras de entrada do Parlamento con todas as autoridades que estiveron presentes no acto. Seguro que este día quedará no noso recordo durante moito tempo.

Non deixedes de ver a xornada completa clicando nas fotografías.

A nosa visita tamén está recollida: (podedes acceder premendo nas seguintes imaxes)

Na páxina web do Parlamento.

No Facebook da Xunta de Galicia

Nos xornais

 

Vídeos (Youtube)

 

 



page | by Dr. Radut