1 a 7 de novembro de 2015
Este ano, os alumnos/as de 6.º curso de Primaria vivimos unha das experiencias máis inesquecibles das nosas vidas.
O noso centro presentou un proxecto e quedou seleccionado entre os 6 mellores de toda Galicia para participar nun campamento de lingua inglesa nos Peares, unha pequena aldea situada entre Lugo e Ourense.
Aí convivimos e asistimos a clases de inglés cos nenos/as dos outros colexios elixidos.
CANTO DESFRUTAMOS DESTA EXPERIENCIA!!!