Venres 6 de febreiro de 2015
Despedimos a semana elaborando unha rica macedonia de froitas con...
PLÁTANO, MAZÁ, PERA, FRESAS e LARANXA.
Os alumnos de 1.º e 2.º de Primaria fomos os encargados de cortar a froita e facer o zume.
Despois de mesturalo todo, botamos a macedonia en vasos, repartímolos entre os alumnos/as de Educación Infantil e gardamos un para cada un de nós.
Dunha forma moi sinxela, preparamos unha merenda rica e saudable.
Mirade que boa pinta!!!
(Clicade na fotografía para acceder á galería)