Skip to Content

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Xoves 8 de xaneiro de 2015

Reiniciamos as clases participando nun interesante obradoiro proposto pola Consellería do Mar pertencente ao programa Aliméntate ben do Plan Proxecta. Os seus obxectivos son dar a coñecer os productos do mar e fomentar o seu consumo entre os estudantes galegos da etapa de Educación Primaria.

 

 

 

Os protagonistas do programa sons os Arroases, unha cuadrilla de 7 nenos e nenas cun superpoder unido a unha especie mariña: sardiña, xurelo, rodaballo, mellixón, troita, lirio e pescada.

 

Coa axuda do pescador Luís, a cociñeira Mariña e a súa axudante Carmiña, deron a coñecer a importancia de comer peixe e marisco para ter unha dieta sa e equilibrada.

 

 

Hoxe desenvolvemos a 1.ª fase, un obradoiro en forma de teatro e actividades lúdicas co que nos divertimos e aprendemos moitos datos de gran utilidade.

Nuns días terá lugar a 2.ª fase. Mentres tanto podedes acceder á galería clicando na seguinte fotografía:

 

 

NON ESQUEZADES INTRODUCIR OS PRODUTOS MARIÑOS NA VOSA ALIMENTACIÓN!!!

 



page | by Dr. Radut