Skip to Content

PALABRAS CON ENCANTO 2014/2015

No mes de novembro comezamos unha actividade que xa coñecedes moi ben: as "Palabras con encanto", unha proposta coa que pretendemos fomentar o emprego do galego e coñecer novo vocabulario que non adoita empregarse con frecuencia.

Este ano, expoñeranse 3 palabras cada mes no rosco de Pasapalabra que hai na entrada do colexio.

Podedes participar de forma voluntaria entregando a palabra/s que elixades, escrita en galego, castelán e inglés, coa súa definición e o debuxo. Os traballos deberán presentarse nunhas plantillas que teñen os vosos titores/as. Nun dubidedes en pedirllas cando queirades.

A final de curso, todos os participantes recibirides un agasallo.

AGARDAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!!

 



page | by Dr. Radut