Skip to Content

INVESTIGANDO AS FROITAS

Xa sabedes que, desde hai unhas semanas, as froitas están a converterse nas nosas merendas saudables.

Unha das actividades que realizamos en todas as clases foi unha investigación para coñecer os beneficios das distintas froitas.

Ademais de averiguar datos moi interesantes, tamén traballamos o vocabulario, pois tivemos que buscar os seus nomes nos tres idiomas impartidos no colexio: inglés, castelán e galego.

Cos datos obtidos cubrimos unha ficha e elaboramos un mural colectivo que deixa moi claro por que a froita é tan importante para a saúde.

Podedes ver o mural no corredor do 1.º ciclo de Primaria!!!

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALIMÉNTA-T BEN!!!

 



page | by Dr. Radut