Skip to Content

DIGICRAFT NA TÚA CASA

Luns 1 de xuño de 2020

Ola a todos/as!!!

Como xa sabemos, moitos/as de vós estades ata arriba de traballo. Sabemos que tanto vós como as vosas familias traballades moitísimo, e o enfoque que buscamos dende esta asignatura é a mera diversión e o amor pola arte. O estrés e a arte non se levan moi ben...

Durante este tempo fixemos unha pequena pausa para reinventarnos e preparar a Semana da Arte, como culmen ó a este curso 2019-2020.

Ademáis mentres tanto, podedes xogar coas apps de DigiCraft que vos ensinamos durante o curso. Estas apps son gratuítas e podedes descargalas para o voso móbil ou tablet a través do PlayStore ou AppStore. Non é obrigatorio, tan só queremos mantervos entretidos/as durante estes días. 

As apps que podedes descargar son:

  • Wafty: facer debuxos no aire
  • Draw your game: crear o voso propio videoxogo
  • Quiver: colorear
  • Toontastic: facer películas con diferentes debuxos e guións
  • StopMotionStudio: facer un vídeo en stop motion
  • Seek: analizar as prantas da contorna

Os beneficiarios deste proxecto son os alumnos/as de: 3º, 4º, 5º e 6º pero podédesvos unir a nós se non sodes destes cursos!

Calquer dúbida sobre o proxecto DigiCraft contactade a: quinto.ceipnantes@gmail.com

Unha aperta enorme!

Alejandro e Isa.

 



paxina | by Dr. Radut