Skip to Content

Actividades 3º EP

                                                                                    Mércores, 1 de abril de 2020

Bos días a tod@s!!Sorriso

Comecemos con enerxía e cos nosos abrazos virtuais!!Risa Xa estamos nun novo mes!!Sorriso

 

Matemáticas: exercicio 2, páxina 122. Lembrade que xa fixemos gráficos de barras. Coa regra e lapis e cando esté todo feito, repasádeo de rotulador e colorear. Vai quedar perfecto!!Guiño

 

Lengua E.: leer la página 116 y copiar las palabras que están divididas por el guión a final de línea. Hay que copiarlas igual que están en el texto, con el guión y el resto de las sílabas debajo ( son 9 palabras).

 

Lingua G.: exercicio 7, páxina 105. Por exemplo, sodes os monitores/as de natación e tedes que escribir unha carta ás familias dicindo que non haberá a actividade por...o motivo que queirades. Podedes utilizar, nenos/as, fillo/a, veciño/veciña, compañeiro/a, traballador/a, moza/o, avó/a ...seguro que sabedes moitas palabras máis. Podedes acompañar a carta con debuxos, adornos, decoración...ou facer un cartel co mesmo  texto.

 

Valores C. e S. ( todas/os) : seguimos cos murais ou debuxos de agradecemento a todas esas persoas das que falamos o mércores pasado. Se vos parece ben, esta clase adicámoslla aos sanitariosSeladoSorrisoInocente Se necesitades ideas, podedes buscar en internet DIBUJOS INFANTILES GRACIAS SANITARIOS CORONAVIRUSSorriso

 

Imos coas adiviñas: "o ovo e o pitiño" e  "o muíño".

Hoxe:

-Ten lombo e non anda, ten follas e non é planta, sabe moito e non fala.

 

-Ten un dente e tira pola xente.

A pensar!!Sorriso

Ánimo, xa nos queda un día menos !!Guiño

 



paxina | by Dr. Radut