Skip to Content

Actividades para 3º, 4º e 5º Ed. Primaria

Luns 30 de marzo de 2020

Ola a todos/as! Espero que estedes levando moi ben o confinamento na vosa casa. 

Hoxe propóñovos unha actividade que gustaríame facer con vos no aula pero as circunstancias o impiden. Escoitáchedes algunha vez a palabra "photoshop" ou a expresión "esa imaxe ten photoshop".  Photoshop é un programa de edición de imaxes. Os/as profesionais da fotografía utilizan o photoshop para mellorar as súas imaxes, darlles máis cor, máis brillo ou modificar os atributos dunha persoa. Nós non imos utilizar o photoshop pero imos utilizar unha aplicación moito máis sinxela e divertida!

  • Deberedes de descargar a aplicación PicsArt nun móbil ou tablet que teñades na casa, esta aplicación é gratis  e onde a podedes descargar é no App Store de Apple ou no Play Store de Android. Podedes pedirlle axuda a algún familiar para facelo.
  • MOI IMPORTANTE, NON SE PODE UTILIZAR A REDE SOCIAL DE PICSART, SÓ IMOS EDITAR IMAXES.
  • Deberedes de facer unha foto ou coller unha imaxe que teñades no voso dispositivo e editala como queirades utilizando esa aplicación.
  • Tras facer a edición da imaxe, gustaríame ver o voso traballo, por tanto podedes enviarme ó e-mail quinto.ceipnantes@gmail.com a foto editada e a foto sen editar, así poderase ver a diferencia.
  • Repito, MOI IMPORTANTE, NON USAR A REDE SOCIAL DE PICSART, SÓ IMOS EDITAR IMAXES.

Eso sí, o uso desta aplicación é para divertirse, non para facer o mal! InocenteGuiño

Espero que teñades unha gran semana e fagades un bo traballo! Aínda que... se botades de menos pintar, botadelle un ollo a esta páxina web, poderedes pintar o que quirades no voso ordenador, tablet, móbil etc. http://www.chiquiplanet.com/colouring_book/index-es.html

Se tedes algunha dúbida ou queredes remitirme algo, podedes escribirme a: quinto.ceipnantes@gmail.com

Estarei sempre de 10:00 a 13:00.

Apertas.

Profe Alejandro.



paxina | by Dr. Radut