Skip to Content

CONTACONTOS FAMILIARES DE 1.º E 2.º 2018/2019

CURSO 2018/2019

As sesións de contacontos familiares xa están aquí!!! Canto nos gusta que nos visiten as mamás, os papás...!!!

Martes 27 de novembro de 2018

NAI DE CLAUDIA (1.º PRIMARIA)

Inauguramos os contacontos cunha fermosísima historia que nos trouxo Dulce, a mamá de Claudia. Trátase de "Pepita es especial", un libro cargado de valores que conta a historia de Pepita, unha nena real con Síndrome de Down que conquistou a miles de persoas a través de Instagram.

A todos/as nós tamén nos deixou namorados.Sorriso

Podedes coñecer a Pepita visitando o seu Instagram @pepitamola

Moitas grazas por visitarnos!!!

 

Martes 4 de decembro de 2018

NAI DE SOFÍA (1.º PRIMARIA)

María veu acompañada dun fermoso libro titulado "Así es mi corazón", unha homenaxe ás emocións e sentimentos dos nen@s, para que os recoñezan en todas as súas formas e todas as súas cores: alegría, tristeza, calma, enfado, medo... Para rematar, entregounos a cada un/unha de nós un debuxo dun corazón en branco para que o coloreemos segundo como imaxinamos que é.

Sen dúbida, unha proposta moi interesante para pedirlle aos Reis Magos ou a Papá Noel!

Encantounos a túa visita!!!

 

Martes 15 de xaneiro de 2019

NAI DE MATÍAS (2.º PRIMARIA)

Comezamos o ano cunha nova sesión de contacontos. Lucía, a mamá de Matías, leunos"La ovejita que vino a cenar", un delicioso conto cheo de valores como a amizade, a xenerosidade e a aceptación das diferenzas.

Foi todo un éxito!!!

Queredes coñecer esta historia? Pois... dádelle ao Play!!!

Moitísimas grazas!!!

 

Martes 22 de xaneiro de 2019

NAI DE LAURA (2.º PRIMARIA)

Continuamos cos contacontos familiares!! Beatriz contounos "La niña que no quería cepillarse el cabello", unha sorprendente historia na que unha nena se ve invadida por uns ratiños que fan da súa cabeza un palacio.

Pero... como acabará esta aventura???

Encantounos a túa visita!!!

 

Martes 29 de xaneiro de 2019

NAI DE SEILA (2.º PRIMARIA)

Temos outra visita!!! Yeniffer veu acompañada dun monstro especial, "El monstruo de los colores", un libro fantástico que nos axuda a identicar as emocións propias e as dos demais.

Alegría, tristeza, medo rabia... E ti, como te sentes?

Grazas por emocionarnos!!!

 

Martes 26 de marzo de 2019

NAI DE SOFÍA (1.º PRIMARIA)

María visitounos por segunda vez cun libro divertidísimo que leva por título "Las jirafas no pueden bailar". Chufa, a xirafa protagonista, quería participar no baile da selva pero... non era moi habilidosa á hora de bailar.

Terá esta historia un final feliz? Non o dubides e le este libro!

Grazas por visitarnos unha vez máis!!!

 

Martes 2 de abril de 2019

PAI DE CLAUDIA (1.º PRIMARIA)

Poñemos punto e final aos Contacontos Familiares deste curso coa visita de Alberto. Nesta ocasión desfrutamos do conto "Corre corre, cabaciña" que narra a historia dunha cabaza que vai rodando polo camiño e se atopa cun lobo, un oso e un león.

Ten boa pinta, verdade? Pois... hai un exemplar na biblioteca, no recanto de Educación Infantil.

 Que ilusión nos fixo a túa visita!

 

E ATA AQUÍ CHEGARON OS CONTACONTOS FAMILIARES DO

CURSO 2018-2019

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS

QUE NOS ACOMPAÑARON NESTA

ACTIVIDADE!!!

 



page | by Dr. Radut