Luns 19 de novembro de 2018
Comeza o V Concurso de Fotografía Dixital. Podes descargar as bases no pdf adxunto nesta publicación.
O tema deste ano é a AUGA
Anímate a participar!
PRAZOS A TER EN CONTA
ENVÍO DE FOTOGRAFÍAS CON LEMA EN GALEGO:
Ata o venres 7 de decembro ás 23:00h.
EXPOSICIÓN:
A partir do mércores 12 de decembro.
VOTACIÓN:
Os días 17 e 18 de decembro (luns e martes).
Horario:
- Pola mañá: luns e martes de 9:30 a 10:00 e de 14:00 a 14:30 h.
- Pola tarde: martes de 16:00 a 17:30 h.
Quen pode votar?:
- Toda a Comunidade Educativa, é dicir, alumnado, profesorado e pais/nais/titores legais.
Cantas fotografías se poden escoller en cada voto?:
- 1 única fotografía.
Como se realiza a votación?:
- Escribindo o número da fotografía elixida nunha papeleta que atoparedes e depositaredes en Conserxería (Lolita facilitará as papeletas).
- Só poderá realizarse un voto por persoa.
ENTREGA DE PREMIO E DIPLOMAS:
O venres 21 de decembro ao longo do Festival de Nadal.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
bases_V_concurso_fotografia_18_19.pdf | 93.68 KB |