Skip to Content

Blogues

Información

O profesorado titor entregará persoalmente a cada unha das familias o informe individual de avaliación coas calificacións do seufillo/a en cada trimestre onde as nais, os país, ou as titoras legais poderán solicitar aclaracións, á persoa titora e ao profesorado, acerca das informacións e valoracións que reciban sobre o proceso de aprendizaxe das súas fillas, dos seus fillos ou das persoas que tutelen, e sobre as decisións que se adopten como resultado do devandito proceso.

Igualmente durante o curso poderán solicitar reunións de titoría para o anterior fin a través da axenda escolar, mediante solicitude cubrindo o impreso dispoñible en conserxaría ou a través da aplicación Abalar.

Durante as reunións de titoría poderáse acceder á consulta dos instrumentos de avaliación. Ademais, en conserxaría está dispoñible o modelo de solicitude para, de ser o caso, obter unha copia dos instrumentos de avaliación aplicados pola/o mestra/e ou mestra/e de área.

Información

O profesorado titor entregará persoalmente a cada unha das familias o informe individual de avaliación coas calificacións do seufillo/a en cada trimestre onde as nais, os país, ou as titoras legais poderán solicitar aclaracións, á persoa titora e ao profesorado, acerca das informacións e valoracións que reciban sobre o proceso de aprendizaxe das súas fillas, dos seus fillos ou das persoas que tutelen, e sobre as decisións que se adopten como resultado do devandito proceso.

Igualmente durante o curso poderán solicitar reunións de titoría para o anterior fin a través da axenda escolar, mediante solicitude cubrindo o impreso dispoñible en conserxaría ou a través da aplicación Abalar.

Durante as reunións de titoría poderáse acceder á consulta dos instrumentos de avaliación. Ademais, en conserxaría está dispoñible o modelo de solicitude para, de ser o caso, obter unha copia dos instrumentos de avaliación aplicados pola/o mestra/e ou mestra/e de área.

Información Avaliación

Reclamacións contra as cualificacións.

  1. Os país, nais ou persoas titoras que non estean conformes coas cualificacións asignadas ao seu fillo na avaliación final de curso poderán solicitar aclaracións ao profesorado e no caso de que continúen os desacordos presentar no prazo de dous días hábiles desde comunicación das mesmas unha reclamación por escrito ante a dirección do centro na que explique as razón nas que fundamente a súa solicitude.
  2. As persoas interesadas no procedemento poderán acceder e obter copia dos documentos contidos no expediente de revisión.
  3. A dirección do centro trasladará á persoa titora da alumna ou alumno a solicitude de revisión. Nun máximo de 2 días hábiles dende a finalización do prazo de revisión, o equipo docente reunirase en reunión extraordinaria para revisar a cualificación final ou a decisión adoptada sobre a promocón do alumno.
  4. O equipo docente analizará a solicitude recibida para elaborar o informe coa descrición dos feitos e actuacións previas e a decisión adoptada finalmente.
  5. O equipo docente trasladará o informe elaborado á dirección do centro, quen emitirá a resolución e comunicarase por escrito á nai, pai ou titor legal do alumno. Esta resolución porá fin ao procedemento de revisión das calificacións.
  6. No caso de que persista a inconformidade contará cun prazo de dous días para presentar por escrito ante a dirección do centro unha reclamación ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

FONDOLIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL 2024

INFORMACIÓN PARA SOLICITAR AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ASÍ COMO FONDOLIBROS

1. A  PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO : alumnado de 3º, 4º, 5º E 6º EP.

Correspóndelle o seguinte número de libros segundo a renda familiar:

-Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a  6.000 euros: seis libros de texto.

-Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 euros e igual ou inferior a 10.000 euros: catro libros de texto.

-Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis libros con independencia da renda.

 

2.  AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO: 1º E 2º EP

- Para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: EP (1º e 2º): 240 euros.

- Para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou superior a 6.000 euros e igual ou inferior a 10.000 euros: EP (1º e 2º): 160 euros

- Para o alumnado en garda ou tutela da Xunta 240 euros e o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % a contía das axudas será de 300 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

 

3. AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR: 1º,2º,3º,4º,5º, E 6º EP

- A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros; en garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%  será de 75 euros.

- A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP cunha renda per cápita familiar igual ou superior a 6.000 euros e igual ou inferior a 10.000 euros será de 60 euros

 

COMO CALCULAR A RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

         A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2022 entre o número de membros computables. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. 

        Sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460).

Membros computables da unidade familiar:

• Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

• Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.

• Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

• A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.

• A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a.

• Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior

 

Non terá a consideración de membro computable:

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b) O agresor nos casos de violencia de xénero.

 

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

 Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2023/24.(Excepto alumnado 1º e 2º EP)

A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2023/24 e devolvelos ao rematar este.

 Destinar o importe do vale para libros e adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.

 Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 

PRESENTACIÓN SOLICITUDES

        Ademais da presentación de forma presencial no centro, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros

        Unha vez que teñan cubertos todos os datos, poderán gardala e obter o número de solicitude. Posteriormente, disporán das seguintes formas de presentación:

• Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. 

• No centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación). 

 

         As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

         A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarse unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2024/25. No caso  de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por alumno aínda que estean no mesmo centro.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS INSTANCIAS

 

DO 21 DE MAIO AO 21 DE XUÑO.

Os libros adxudicados no fondo solidario ( 3º,4º,5º e 6º EP) serán publicados no taboleiro do colexio e na páxina web nas seguintes datas:

 Listaxes provisionais: 12 de xullo 

 Reclamacións das listaxes: 13 e 14 de xullo

 Listaxes definitivas: 26 de xullo 

Nota: os libros adxudicados repartiranse no mes de setembro cando se inicie o curso escolar.

Os cheques para adquisición de libros de 1º e 2º EP e para adquisición de material escolar serán entregados nunha data a determinar polo centro e que se publicará na páxina web e por Abalar.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

- ANEXO I (solicitude) debidamente cuberto.

- ANEXO II para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

Se a persoa solicitante (Anexo I) e/ou os membros computables (Anexo II) se opoñen a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificativos.

• DNI ou NIE

• Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia

• Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)

Declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, a falta desta, o certificado de imputacións de renda do exercicio 2022. Será necesario o consentimento expreso. No caso de non autorizar a consulta deberán achegar os documentos xustificativos.

 

DOCUMENTACIÓN:

• Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

• En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, cando   non sexa posible acreditar a  composición da unidade familiar, poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de conciencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

a) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

b) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

c) Resolución xudicial de curatela representativa ou de patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida. no caso que corresponda.

d) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

e) Certificado de conivencia, volante de conivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor/titores carezan de DNI e NIE.

       En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica, e nos casos de falecemento dalgunha das persoas proxenitoras.

 

IMPORTANTE

        O NOME DO SOLICITANTE DEBE COINCIDIR CO DO DNI (non poñer Luisa se é María Luisa). FACER AS LETRAS E NÚMEROS LEXIBLES.

       PARA CALQUERA DÚBIDA OU CONSULTA CHAMAR OU ACUDIR EN HORARIO DE SECRETARÍA.

 

 


                                                      

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:30-10:20

 

 

SECRETARÍA

 

SECRETARÍA

10:20-11:10

SECRETARÍA

 

 

 

 

11:10-12:00

 

SECRETARÍA

 

 

 

12:00-12:30

RECREO

RECREO

RECREO

RECREO

RECREO

12:30-12:50

 

 

 

 

 

12:50-13:40

 

 

 

 

 

13:40-14:30

 

SECRETARÍA

 

 

SECRETARÍA

 

The nightmare before Christmas

 

A teacher xunto cos nenos de 3º a 6º fixeron unha superprodución teatral.

Esperamos que vos guste!!

VACANTES PARA O CURSO 2024/2025

Vacantes para o curso 2024/2025

 

Educación Infantil

4º EI ....................... 20 (3 NEAE)

5º EI .......................  0

6º EI .......................  0

Educación Primaria

1º EP ...................... 11 (3 NEAE)

2º EP ......................  4

3º EP ......................  6

4º EP ...................... 10

5º EP ......................  8

6º EP ......................  6

Distribuir contido


by Dr. Radut