Skip to Content

CIENCIA NA BIBLIOTECA: Lámpada de Burbullas

 

 O martes día 28 o alumnado de 1ºA e a súa titora Ana durante o recreo compartiron con todos os asistentes un novo experimento, a Lámpada de burbullas.

 

 

 Awa e Manar presentando o experimento.

Os asistentes ademáis de presenciar paso a paso o proceso e aclarar dúbidas tamén recibiron unha tarxeta explicativa cos pasos a seguir ,o que facilita a posterior experimentación no fogar e familiarización coa lectura de textos instructivos.

Posteriormente  Manar e Javier foron entrevistados en RadioForte por Miguel de 2ºB para contar a todos os ointes este experimento.

 

 

 

Agardamos con ilusión un novo experimento.

 

GRAZAS A TODOS POR COMPARTIR !

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut