O 20 de xaneiro comezamos a querida e valorada actividade dinamizadora de:
“Os venres... un conto”
Unha actividade de dinamización da lectura na que poden participar todos os membros da comunidade educativa.
O contador de contos con que comezamos este 2023 foi, José Antonio, profesor de música, recentemente xubilado.
Agradecemos moito a súa visita e participación nesta actividade.
Excelente colaboración.
Grazas!!!