Skip to Content

CRISTINA NOVOA, Acompañar na lectura do mundo!

O pasado 5 de abril, grazas ao Programa Lectura e Familias,  tivemos o privilexio de poder asistir ao obradoiro formativo, "Acompañar na lectura do mundo!", impartido por Cristina Novoa.

Cristina Novoa, mestra durante 24 anos, con formación en Filoloxía castelá, francesa e galega e Asesora de Bibliotecas Escolares de Galicia desde 2003 ata a súa recente xubilación.

Un referente no eido da xestión e promoción das bibliotecas escolares, así como na formación do profesorado de Galicia na área de bibliotecas escolares e promoción da lectura, promovendo encontros e xornadas formativas.

Formou parte do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, da Comisión Técnica de Bibliotecas Escolares, do Grupo Estratéxico para o Estudo Prospectivo da Biblioteca na Nova Entronización informativo e social e do Grupo de Traballo GTALFIN.

No contexto de todas estas funcións é autora de numerosos textos publicados de carácter didáctico e artigos sobre literatura infantil e bibliotecas escolares, e formadora e loitadora, por excelencia, dado que participou en numerosas conferencias, seminarios e outras actividades de formación do profesorado e se esforzou por lograr o apoio institucional e mudar as políticas lectoras, o modelo de biblioteca escolar como centro de recursos lectores, fomentar a lectura e as alfabetizacións múltiples... 

Unha interlocutora moi formada que acompañándose da súa experiencia persoal e profesional amosounos a importancia da lectura, a importancia de ler o mundo, de acompañar e escoitar, de non impoñer, etc. 

Un obradoiro moi ameno e interesante, acompañado co agasallo deste útil díptico.

 

 Grazas Cristina!

 



blog | by Dr. Radut