Comezamos o mes de xuño cunha semana moi ecolóxica:
O vindeiro día 3 de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DA BICICLETA, e o 5 de xuño o DÍA DO MEDIO AMBIENTE.
Aínda que popularmente celebrábase o día da bicicleta o 19 de abril, desde o ano 2018 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 3 de xuño como a data oficial para a súa celebración.
Desde o equipo de biblioteca propoñémosche usar a bicicleta e 5 Eco-Retos que poderás ir anotando no calendario e o final da semana comprobar se fuches unha persoa Eco-Responsable.
Ánimo!!!