Skip to Content

6º Curso

UNICEF: ENQUISAS DIAGNÓSTICO.

unicef_enquisas

Dende a reunión do 10 de outubro de 2023 o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro inicia a preparación da súa candidatura configurando e buscando a participación do alumnado nos cuestionarios de UNICEF para coñecer cal é o noso punto de partida.  

•6º EP https://referentes.unicef.es/evaluacion/il6esoti

•5º EP https://referentes.unicef.es/evaluacion/PyKvap9j

•4º EP https://referentes.unicef.es/evaluacion/kl6ay0qm

•3º EP https://referentes.unicef.es/evaluacion/gl9ay1qm

•2º EP https://referentes.unicef.es/evaluacion/Umdbf09j

•1º EP https://referentes.unicef.es/evaluacion/UyKff0db

 

 

Equipo directivo. 

Docentes

Familias

Alumnado.

Persoal de administración e servizos

 

Unicef_avaliación

COMITÉ DE PARTICIPACIÓN

unicef_partipacion

Dende a reunión do 10 de outubro de 2023 o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro inicia a preparación da súa candidatura configurando o Comité de participación infantil regulando o seu funcionamento e iniciando o proceso de elección dos seus representantes en cada una das aulas do colexio sendo elixidos as seguintes alumnas e alumnos. 

clu_participacion

Plan de comité de participación 2023-2024. 

• Reunións

CANDIDATURA CENTRO REFERENTE EN EDUCACIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA.

unicef_centros

O 10 de outubro de 2023 o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro en reunión ordinaria de Claustro e Consello Escolar, presenta a súa candidatura como centro referente en educación dos dereitos da infancia, iniciando o proceso de recoñecemento. 

Guía centros referentes en educación dos dereitos da infancia 2023_2024

Plan UNICEF do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro

Aval Consello Escolar CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro

 •Comité de participación infantil.

FEDELLANDO COS CIRCUITOS.

circuitos

O alumnado de 6º curso de primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro segue a perfeccionar o uso dos circuítos realizando nesta ocasión una maqueta da Torre Eifel e un vehículo propulsado por un pequeño motor.

Menudos xenios están feitos os alumnos e alumnas de 6º curso.

circuito_col

ENCONTROS COA AUTORA "ALBA DE EVAN"

 

encontros

O xoves, 1 de febreiro, día de compadres, realizamos a actividade encadrada dentro da XXXV CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, promovida pola Concellería de Educación do concello de Ourense, que leva por título Encontros co autor/a. Este ano os elixidos foron Alba de Evan e Xabier Domínguez os autores do libro “Segredos Soterrados” que previamente traballamos no noso Club de lectura nos meses de decembro e xaneiro.

O libro Segredos Soterrados narra unha aventura que viaxa á II Guerra Mundial e descobre a presenza nazi en Galicia, os tesouros agochados no subsolo e as tramas de corrupción que manexan o mundo. A historia comeza no campamento na que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por suposto, a gata Morriña. Mais, pronto, un misterio do pasado crúzase no camiño e dá paso a unha carreira contrarreloxo por descubrir a verdade e manterse a salvo. Que relación teñen unha mina abandonada, un avión dos Aliados e unha poderosa multinacional?

Alba de Evan presentounos o seu libro e permitiunos coñecer máis a fondo a través de todas as preguntas que lles fixemos e que nos fixo reflexionar. E para rematar as sinaturas dedicadas dos nosos libros. Foi un enorme pracer ter connosco a Alba de Evan e xa estamos agardando a que escriba o seu próximo libro.

encontros_col

 

Venres de Entroido

O Venres de Entroido no noso colexio foi unha xornada chea de ledicia, creatividade e diversión para todos os nosos nenos e nenas. Dende primeira hora, o ambiente encheuse de cor coa chegada do alumnado, todos eles vestidos con disfraces incribles e cheos de imaxinación!

A media mañá, unha deliciosa merenda saudable, onde non faltaron as froitas frescas e os doces típicos de Entroido que fixeron as delicias dos máis pequenos e maiores por igual. Foi un momento perfecto para recargar enerxías antes das emocionantes actividades que nos agardaban.

O polideportivo converteuse no epicentro da diversión cun circuíto de xogos especialmente deseñado para a ocasión. Todo o alumnado participou en habilidade e coordinación á proba a súa destreza e traballo en equipo. Ademais, como en anos anteriores, realizamos o baile coreografado do Entroido, onde todos puideron amosar os seus mellores pasos e gozar da música nun ambiente festivo e animado.

Pero a diversión non se detivo aí. Para rematar a xornada, organizáronse catro obradoiros de elaboración de máscaras, un para cada ciclo do colexio. Aquí, o alumnado deixou voar a súa imaxinación e creatividade, creando coloridas máscaras que reflectían a súa personalidade e estilo único.

En resumo, o Venres de Entroido foi un día memorable no noso colexio, onde a comunidade educativa uniuse para celebralo en grande. Agradecemos a todo o alumnado, profesorado e persoal do colexio por facer deste día unha experiencia inesquecible.

Xa estamos ansiosos polo próximo Entroido!

 

Xoves de Comadres

Profesorado e alumnado divertíronse nunha festa chea de cor e tradición.

Nun ambiente festivo e cheo de alegría, celebramos con gran entusiasmo o tradicional Día das Comadres. Esta festividade, enraizada nas nosas costumes, foi o pretexto perfecto para que profesorado e alumnado se mergullaran nunha xornada chea de diversión.

O patio do cole fixo as veces de pasarela de creatividade, co profesorado e estudantes vestidos con disfraces que celebraban a feminidade e a amizade. Desde clásicas avoas ata extravagantes personaxes de Fama e contos de fadas, cada disfrace reflectía o espírito festivo da ocasión.

Sen embargo, a diversión non se limitou só aos disfraces. Para rematar a celebración, organizáronse as emocionantes carreiras de comadres na pista polideportiva. Os menos e nenas de de 1º, 2º, 3º e 4º grado lanzáronse á competición con entusiasmo, mostrando non só a súa habilidade atlética, senón tamén o seu espírito de equipo e compañeirismo.

As gargalladas e os berros de ánimo resoaron por todo o cole mentres os participantes corrían  pola pista polideportiva, deixando atrás o estrés académico por un día e mergullándose por completo na celebración.

Queremos destacar a importancia de manter vivas as nosas tradicións e fomentar a integración entre os membros da comunidade educativa.

Día da Paz e non Violencia 2024

Conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz a través do Arte e o Movemento.

Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, a comunidade educativa do noso cole, uniuse nunha emotiva xornada chea de actividades centradas en promover a paz, a harmonía e o respecto mutuo.

Unha das iniciativas destacadas foi a colocación de fitas de cores nas vallas do perímetro escolar, inspirada na obra orixinal da recoñecida artista Rivane Neuenchwader. Estas fitas, adornadas con mensaxes de paz escritas polos propios estudantes, crearon un paisaxe vibrante que simbolizaba a diversidade e a unidade na loita por un mundo libre de violencia.

O alumnado de 5º e 6º E.P. elevou as súas voces no día da Paz e non violencia para dicirlle a quen nos queira escoitar, que non noso cole seguimos tendo SOÑOS. Seguimos crendo nun mundo igual para todos e todas, libres de conflitos, onde os dereitos e as obrigas sexan os mesmos para cada un de nós. Acompañados á guitarra pola mestra en prácticas, Beatriz, a canción gravada só dous meses despois do asasinato do premio nobel da paz, Martin Luther King, encheu o patio da escola de soños e esperanzas nun futuro sen violencia.

Pero a participación do alumnado non se detivo aí. O alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria destacaron ao proceder coa lectura dun manifesto de Paz, previamente elaborado con coidado e reflexión na aula. Este emotivo momento serviu como un recordatorio poderoso da importancia da colaboración e o diálogo na busca dun mundo máis pacífico e xusto.

Ademais, a comunidade escolar deleitouse cunha emotiva coreografía da canción "Móvete" de Paco Nogueiras, que capturou a esencia do movemento como unha ferramenta para a expresión e a conexión. Toda a comunidade educativa participou con entusiasmo, mostrando o seu compromiso con valores fundamentais como o respecto, a solidariedade e a tolerancia.

Durante todo o día, leváronse a cabo diferentes obradoiros e charlas reflexivas nas aulas que fomentaron o diálogo aberto sobre a importancia de construír unha cultura de paz no entorno escolar e máis alá. Estes esforzos non só buscan sensibilizar á comunidade educativa, senón tamén inspirar accións concretas que promovan un cambio positivo na sociedade.

O Día Escolar da Non Violencia e da Paz foi un evento conmemorativo no noso centro que puxo en valor o compromiso colectivo de construír un mundo máis xusto, pacífico e solidario.

Obradoiro de SOGAMA sobre reciclaxe

Descubrindo as 3 erres e os segredos dos contedores na Aula de Psicomotricidade

O 24 de xaneiro, nunha xornada divertida e educativa, o alumnado de Ed. Primaria do noso cole, tivo a oportunidade de mergullarse no fascinante mundo do coidado do medio ambiente grazas ao obradoiro levado a cabo na Aula de Psicomotricidade. A encargada de guialos nesta viaxe educativa foi Nuria, unha representante de Sogama, a Sociedade Galega do Medio Ambiente.

O obradoiro tivo como obxectivo principal ensinar aos nenos e nenas a importancia das "3 erres": Reducir, Reutilizar e Reciclar. Nuria, co seu entusiasmo contaxioso, logrou captar a atención dos cativos desde o primeiro momento, convertendo a actividade nunha experiencia inesquecíbel.

Os nenos e nenas participaron en dinámicas interactivas que lles permitiron comprender a necesidade de reducir o consumo de recursos, reutilizar obxectos en lugar de desbotar e reciclar para darlles unha nova vida. Cos materiais visuais e prácticos, foron descubrindo como cada quen pode contribuír ao coidado do noso  planeta.

Pero a aprendizaxe non se detivo aí. A parte máis emocionante do taller foi cando Nuria introduciu aos nenos no mundo máxico dos contedores. Descubriron as cores e símbolos que identifican a cada tipo de contedor e aprenderon cal é o lugar axeitado para depositar cada tipo de residuo.

Entendemos que é esencial que desde unha temperá idade os nenos e nenas adquiran conciencia ambiental. Queremos que se convertan en gardiáns do planeta, e este tipo de obradoiros permítelles comprender o seu papel crucial na preservación do medio ambiente.

Mostrámonos encantados coa iniciativa e agradecemos a Sogama por brindar esta valiosa oportunidade de aprendizaxe ao noso alumnado. Este obradoiro, ademais de proporcionar coñecementos prácticos sobre a xestión de residuos, tamén puxo a semente da responsabilidade ambiental nos corazóns do noso alumnado. Sen dúbida, foi unha experiencia educativa enriquecedora que deixou a todos cun sorriso e un maior compromiso co coidado do noso planeta.

VERBAS DA PAZ

paz_2024

Para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz (30 xaneiro), levaremos a cabo unha instalación baseada na obra orixinal da artista Rivane Neuenchwader. Encheremos as cancelas metálicas do noso centro con lazos de cores, nos cales escribiremos palabras, desexos ou mensaxes que nos transmitan paz. 

Comezaremos a proposta cun bote de cristal en cada aula, que os nenos e nenas irán enchendo con palabras significativas escritas en papeis de cores, co paso dos días. Cando se aproxime a data da conmemoración, transcribiremos estas palabras a lazos de diferentes cores e finalmente colgarémolo no exterior. 

Gustaríamos facervos partícipes a vós, as familias, como parte fundamental do proceso educativo, de xeito que tamén deixedes o voso gran de area nesta proposta. Para elo, deixaremos no recibidor do colexio un pequeno recuncho con todo o necesario para participar se o desexades: pensade nunha palabra significativa que bos transmita paz, escribídea nun lazo de cor e metédeo no bote, de xeito anónimo. 

Todos estes lazos xunto cos escritos polos vosos nenos e nenas, colgaranse no exterior do colexio o martes 30 de xaneiro, conmemorando así o Día da Paz no noso centro educativo.   

Distribuir contido


by Dr. Radut