O 8 de maio contamos coa presenza no noso cole de David Abal, exciclista profesional que nos veu presentar a Volta ciclista a España Junior que se celebrará en Luintra o día 5 de setembro. A actividade está organizada pola Asociación de ciclistas profesionais e Cofidís.
Na primeira sesión, David, presentounos en que consiste esta proba que só se vai celebrar en 10 cidades de España. Nós teremos a oportunidade de participar na estapa que finaliza en Luintra.
Asemade, explicounos en que consiste a vida diaria dun ciclista profesional e os diferentes traballos que realizan ao longo dunha etapa ou carreira.
Durante as súas explicacións, foinos recordando as principais normas de educación vial que temos que cumprir e respectar cando montemos en bici polas rúas das nosas cidades e pobos.
A sesgunda parte, desta actividade, consistiu en facer unha sesión práctica coas bicicletas, facilitadas pola organización da Volta ciclista, no patio do colexio na que cada un de nós amososu as súas destrezas. Ao remate da actividade foron escollidos varias nenas e nenos do noso cole para participar na Volta ciclista Junior o día 5 de setembro en Luintra.