Skip to Content

5º Curso

O Sabor da aventura está no mar

O 26 de febreiro contamos coa presenza na biblioteca do noso centro dos protagonistas do programa "O sabor da aventura está no maer" que promove a Xunta de Galicia e a Uión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para fomentar o consumo de pescado na nosa dieta alimentaria.

Nesta ocasión, dentro do proxecto "Aliméntate ben" que estamos a desenvolver no noso centro, paricipamos nun obradoiro no que nos foron ensinando as propiedades e características de varios produtos do mar a través de vídeos, contos, xogos e historias divertidas onde os protagonistas eran os superheroes "Os Arroases".

 

Unión Deportiva Ourense

O 21 de febreiro contamos coa presencia do adestrador da UDO, Fernando Currás, e dous dos seus pupilos para dar a coñecer o seu club ao noso alumnado. Esta actividade pertence ao programa da Secretaría Xeral para o Deporte: Xogade  "Xogos galegos deportivos en idade escolar".

A comitiva visiou todas as aulas do noso dentro, departindo, cos potenciais futuros deportistas da UDO, sensacións e experiencias deportivas co fin de promocionar o fútbol base en Ourense.

Ao remate, realizamos unha foto de familia na pista polideportiva do centro.

 

Día de Rosalía

Para conmemorar o aniversario de Rosalía, ao longo da semana, traballamos na aula cos materiais que o EDL do centro ten recopilados na web.

Como actividade central, recitamos o poema "Fun un domingo" entre toda a comunidade educativa e realizamos un vídeo con música de fondo "O son do ar" de Luar na Lubre.

 

 

 

O Sabor da aventura está no mar

O alumnado de Ed. Primaria do noso cole participo o 21 de febreiro no programa "O sabor dá aventura está non mar", que promove a Xunta de Galicia con financiamento da Unión Europea. O seu obxectivo é "valorizar e fomentar o consumo dos produtos da pesca e da acuicultura, así como incidir e equilibrar as dietas alimenticias nas idades infantil e  xuvenil".

Esa idea desenvólvese en localidades costeiras para achegar aos nenos e nenas a esa realidade, ampliar os seus coñecementos sobre os produtos do mar, profundar no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar.

Nós, nesta ocasión, visitamos o concello costeiro de Noia para visitar a súa lonxa, a depuradora de marisco e ver como traballaban as persoas mariscadoras da cofradía de Noia na praia do Testal.

Na zona de marisqueo aprendemos a diferenciar entre berberechos, ameixas finas e ameixas xaponesas. Asemade, practicamos co raño para sacar o marisco da area e fomos testemuñas presenciais do proceso que se sigue desde que se colle o marisco ata que chega á depuradora.

Para rematar a viaxe, as organizadoras convidáronnos a un exquisito manxar, a base de empanada de millo con berberechos, canelóns de peixe e rosca de Noia, nas instalacións do Club Náutico no porto do Freixo.

Pasámolo xenial

O Sabor da aventura está no mar

O alumnado de Ed. Primaria do noso cole participo o 21 de febreiro no programa "O sabor dá aventura está non mar", que promove a Xunta de Galicia con financiamento da Unión Europea. O seu obxectivo é "valorizar e fomentar o consumo dos produtos da pesca e da acuicultura, así como incidir e equilibrar as dietas alimenticias nas idades infantil e  xuvenil".

Esa idea desenvólvese en localidades costeiras para achegar aos nenos e nenas a esa realidade, ampliar os seus coñecementos sobre os produtos do mar, profundar no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar.

Nós, nesta ocasión, visitamos o concello costeiro de Noia para visitar a súa lonxa, a depuradora de marisco e ver como traballaban as persoas mariscadoras da cofradía de Noia na praia do Testal.

Na zona de marisqueo aprendemos a diferenciar entre berberechos, ameixas finas e ameixas xaponesas. Asemade, practicamos co raño para sacar o marisco da area e fomos testemuñas presenciais do proceso que se sigue desde que se colle o marisco ata que chega á depuradora.

Para rematar a viaxe, as organizadoras convidáronnos a un exquisito manxar, a base de empanada de millo con berberechos, canelóns de peixe e rosca de Noia, nas instalacións do Club Náutico no porto do Freixo.

Pasámolo xenial

Encontros con autores: Iria Misa

O 19 de febreiro participamos en “Encontros coa autora” con Iria Misa, autora do libroMamá, quero ser Ziggy Stardust” e organizado pola concellería de educación nas instalacións do Liceo de Ourense co fin da promoción do hábito lector entre os escolares ourensáns e o traballo en valores.

A actividade comezou coa dotación, por parte da Concellería dos libros seleccionados para este curso para a súa lectura na aula e o posterior encontro co autor do libro.

Esta actividade ten dous importante obxectivos. Por unha banda poñer en contacto directo aos escolares cos escritores e ilustradores e por outra banda, dar a coñecer e preto o traballo dun escritor e ilustrador.

Os libros foron entregados aos escolares no mes de decembro e hai unhas semanas e tras a lectura, realizouse o encontro con Iria Misa, momento no que o alumnado tivo a oportunidade de coñecela e conversar con ela sobre a temática do libro e as principais mensaxes que se achegaban coa súa lectura.

Antes de asistir a estes encontros, o alumnado de quinto e sexto curso do noso cole xa fixera un traballo exhaustivo desta obra de Iria Misa.

O resumo argumental do libro, trata da historia de Aine, quen naceu cun corpo aparentemente de nena, pero en realidade séntese neno. Aine conta cun amigo imaxinario chamado Thomas, como xeito de fuxida dunha realidade que o abafa.

Nunha viaxe turística cos seus pais, Aine descobre a figura do músico David Bowie, coa que se identifica de inmediato. Desde entón, Thomas e Aine xogan a disfrazarse de Ziggy Stardust, o personaxe creado por Bowie, e a actuar enriba da cama coma se fose un escenario.

O pai de Aine non comprende ao seu fillo. Pero Fran, a súa nai, pouco a pouco irá reaccionando e aceptando a Aine tal e como é, o que provocará a ruptura co seu home. Tampouco a familia extensa de Aine se amosa moi comprensiva co que ven como unha simple teima dunha nena por vestirse e comportarse como un rapaz. Aine visitará a psicólogos, e sufrirá o rexeitamento de moitos compañeiros de escola, e das súas familias, na escola. Pero finalmente conseguirá realizar o seu soño: vivir de acordo a como sente a súa identidade de xénero e actuar na festa de fin de curso do colexio.

Neste libro profundan na transexualidade.  Aine é un neno trans que loita por poder mostrarse ao mundo tal e como se sente. Destaca tamén David Bowie como exemplo. A figura do músico está moi presente na novela como referente de persoa de éxito malia non encaixar sempre nos canons impostos socialmente, e é usado por Aine para afirmarse nun mundo que non quere aceptalo tal e como é.

Os escolares tiveron que realizar unha serie de actividades antes e despois da lectura. Primeiro tiñan que observar a portada e razoar a partir de aí sobre que pensaban que trataba o libro. Tamén tiveron que responder a cal foi o último libro que leron e o que máis lles gustou.

Tras a lectura, discutiron na clase sobre como a presión social e as súas convencións condicionan a liberdade individual e o dereito á diferenza. Outro dos aspectos que tiñan que respostar tiña que ver con David Bowie, comentar a súa figura e a súa música na clase.

Día dos corazóns

O 14 de febreiro, coincidindo coa celebración do Día de San Valentín celebramos no cole o día dos corazóns.

Os corazóns do Manuel Sueiro

Que latexan cun mesmo son:

 O son dos Rainbow Hearts

E do Amor Eterno

O alumnado de 5º interpretou en inglés o "Rainbow Hearts" e o alumnado de 4º curso recitou o poema de Gustavo A. Becquer "Amor eterno".


Visita ao Concello

O 11 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria visitou o Concello de Ourense para coñecer o funcionamento desta institución municipal.

Membros do servizo de protocolo ensináronnos o Salón de plenos onde se reunen os concelleiros e concelleiras de Ourense para gobernar o noso municipio e ocupamos as cadeiras que eles empregan nos plenos.

Aprendimos como se forma a mesa presidencial e como é elixido o Alcalde. Asemade. descubrimos o significado dos escudos de España, Galicia e Ourense.

O Alcalde, nun momento da actividade, pasou a saudarnos e a ofreceuse para que lle demandáramos aquelas necesidades que urxe atender no noso centro... nós así o faremos.

 

Plan director. "Acoso escolar"

O 31 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de educación primaria recibiu unha charla formativa sobre o acoso escolar nos centros educativos. O relatorio foi realizado por unha policia da cidade de Ourense.

Un dos obxectivos principais desta actividade é contribuír a formar ao alumnado no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, e nos valores de dignidade e igualdade entre homes e mulleres, así como conciencialos sobre a necesidade de erradicar as condutas violentas do ámbito escolar, buscando o desenvolvemento de condutas prol-activas no rexeitamento e denuncia destes comportamentos e informarlles dos recursos de que dispón a sociedade para axudarlles.

Vídeo sobre o acoso escolar.

Obradoiro de Igualdade e interculturalidade

O 16 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de igualdade de xénero e interculturalidade que desenvolveu a Asociación Xarela na biblioteca do noso centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut