Neste curso foi mellorado o material informático da biblioteca coa incorporación de dous novos ordenadores de sobremesa que nos achegou a Conselleria de Educación.
Asemade, o centro mercou unha tablet para a biblioteca destinada fundamentalmente ao alumnado da aula de apoio, ou que presenta algún atranco no acceso á información dispoñible no material informático e audiovisual da biblioteca.
Ao longo do curso 2016/2017 funcionou o sistema de préstamos dos fondos da biblioteca. Todos os cursos teñen unha hora establecida, dentro do horario lectivo, para realizar as solicitudes de présamos. Asemade, tamén se fan empréstitos cando algún embro do equipo de biblioteca se atopaba de garda na biblioteca, Fundamentalmente foron tres mestres do equipo os que se encargaron de atender as demandas dos fondos da biblioteca neste curso.
Como en anos anteriores, un membro do equipo de biblioteca dedicouse a restaurar aqueles libros que presentan un deterioro grande pero que son “salvables”, e a arranxar aqueloutros que, por uso, presentan un desgaste considerable.
Neste curso, fundamentalmente, recuperou os dicionarios que presentaban un estado bastante deplorable debido ao seu uso. Ademais dos dicionarios, reparáronse un gran número de libros.
Asemade. como premio para os mellores lectores, elaboráronse uns caderniños que tiveron grande éxito entre o alumnado. O número aproximado de libros recuperados foi:
Grazas á colaboración da ANPA Limiar do noso cole, temos unha pantalla e un proxector novo instalado na nosa biblioteca.
Ditas instalacións son empregadas como aula de medios audiovisuais cando a ocasión o require; fundamentalmente en obradoiros, presentacións, conmemoracións...
Na semana do Día do Libro fixemos no centro unha exposición cos fondos documentais que foro purgados ao longo deste curso no patio cuberto do colexio.
Todos os membros da comunidade educativa tiveron acceso a esta exposición para poder ollar os fondos da mesma, e de ser o caso, levalos en propiedade para a súa casa se atopaban algún do seu agrado.
A actividade resultou ser moi exitosa xa que en pouco tempo agotáronse as existencias...