Leváronse a cabo as seguinte actividades, varias das cales sería interesante continuar no seguinte curso académico.
Tal e como se programou no PAL, no 1º trimestre traballamos cos libros da colección bilingüe “Clara Secret”, Ed. Macmillan.
No 2º trimestre intentei cambiar a metodoloxía empregada no 1º trimestre e así, conseguir unha maior implicación dos alumn@s, empregando a poesía.
Aproveitando a conmemoración do centenario do nacimento de Gloria Fuertes, limos poesía da colección “Lee con Gloria Fuertes”, Ed. Susaeta. https://www.youtube.com/watch?v=XAzIrJC2yCk&feature=youtu.be
O sistema da hora de ler foi o seguinte:
- Eu lía o poema e eles tomaban nota das palabras clave.
- Despois debuxaban o que lles dicía a poesía.
- Faciamos un dictado dun trozo do poema.
- Recitaban o poema.
No 3º trimestre:
- Adicamos a hora de ler ao libro “El día del libro” da colección Geronimo Stilton, Ed.Planeta.
- Foi unha lectura individual para todos os compañeir@s da clase, co fin de potenciar unha correcta entonación e ritmo dan lectura. Ademais da lectura en si mesma, buscamos información sobre os castells catalás e a historia de St. George.
- Cada neno elixiu dous libros o longo do curso para a súa lectura colectiva realizándose un coloquio-debate o remate de cada un dos libros.
- Para identificar os elementos dunha ficha e coñecer o uso dos buscadores de internet, cada alumno elixiu un libro e realizou a correspondente ficha bibliográfica no seu caderno, xunto coas súas pescudas en internet.
- Participamos nun mural elaborado por E. Infantil.
- O día da poesía, 21 de marzo, recitaron un dos poemas que limos na aula.
Ao final, acadáronse os obxectivos do proxecto lector neste nivel, mediante unha metodoloxía participativa.