O venres 7 de outubro a poetisa Mariángeles Ibernón Valero visitou a nosa biblioteca grazas á colaboración do Círculo Poético Ourensán.
Nace en Cehegín, Murcia, no ano 1967. Poeta, editora e xestora cultural.
Comezou a escribir sendo moi nena, sentada á beira da súa nai enferma de cangro, enfermidade que marcou a súa vida xa que quedou orfa moi nova e perdeu una irmá.
Autora do poemario “Susurrando palabras”, libro dedicado á súa irmá e que donou a beneficio da AECC; do libro de poemas infantís “Me dibujas un verso?”, poemario solidario cuxos fondos van destinados a un orfanato da India. A súas últimas publicacións son “69 huellas eróticas” e “Siempre es tiempo de cerezas”, este último dedicado ao seu pai.
Deuse a coñecer na revista dixital “Acantilados de papel”. Despois foi fulgurante a súa incorporación ás letras en revistas e libriños anuais.
Coordina na actualidade “Café con versos” en Murcia e a revista literaria “Con luz y poesía”.
Tamén imparte obradoiros de poesía a nenos, “Saca el poeta que llevas dentro”, introducíndoos á imaxinería poética.
Diariamente danos os bos días cun dos seus poemas, ela di que ao levantarse o seu primeiro pensamento é unha poesía.
MATERIAL PARA TRABALLAR EN CLASE