Comendo cores.

 

Comendo cores

O xoves 26 de setembro realizamos no noso centro dous dos obradoiros destinados a inculcar no alumnado hábitos saudables de alimentación na liña recomendada polos obxectivos de desenvolvemento sostibles da axenda 2030.

A nutricionista do Centro de Saúde de Valle Inclán, técnica do Sergas de Ourense dirixiu estas actividades coa finalidade de incidir nos estilos de vida dos nenos e nenas, xa que estes xogan un papel fundamental na saúde das persoas. Por iso, para facer cambios cara uns hábitos máis saudables é preciso convertelo nun acto consciente, xa que o coñecemento, as emocións e as habilidades xogan un papel decisivo.  Os estilos de vida, e neles a conduta alimentaria saudable e o exercicio, teñen enormes beneficios no benestar e na prevención da enfermidade, coa vantaxe de ser factores modificables, por elo é clave integralos na aprendizaxe dos nenos e nenas.

No segundo dos obradoiro participou o alumado de 4º de EP.

Neles os nenos e nenas aprenderon de forma lúdica e participando activa a elaborar un menú saudable.