Peixe e ioga no día dos océanos

O club de lectura de ciclo inicial celebra o Día dos Océanos con Peixe e o ioga

Aproveitando o bo tempo e a sombra do maxestoso pradairo do patio, o club de lectura de ciclo inicial gozou dunha sesión moi especial na que combinaron literatura, ioga e conciencia ambiental.

Os pequenos e pequenas lectoras embarcáronse nunha aventura submarina coa historia de "Peixe", un celacanto inconformista que, a pesar de non ter ás, soña con explorar o mundo. Un conto que celebra a liberdade, a creatividade e o desenvolvemento persoal, valores que resoaron entre os nenos e nenas.

Tras a lectura, a sesión transformouse nunha clase de ioga inspirada nos animais mariños. Os pequenos e pequenas ioguis imitaron as posturas do gato-vaca, o paxaro, a mantarraia, o golfiño, a balea, a foca e a estrela de mar, conectando coa fluidez e a graza dos habitantes do océano.

A actividade non só fomentou o amor pola lectura e o exercicio físico, senón que tamén serviu para concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia de coidar os océanos. Aproveitando que o 8 de xuño se celebra o Día dos Océanos, falouse da necesidade de manter as praias limpas e reducir o consumo de plásticos para protexer a diversidade mariña.

Unha iniciativa inspiradora:

O club de lectura de ciclo inicial demostrou unha vez máis a súa capacidade para crear experiencias enriquecedoras para os nenos e nenas. Combinando literatura, ioga e conciencia ambiental, lograron fomentar a imaxinación, o movemento e o respecto polo medio ambiente.